Canta paciencia hai que ter!
30 Maio, 2008 PXOM 1 ComentarioSe algo teño claro despois dun ano de concelleira é que en Lugo hai que ter paciencia para todo. Hai que ter paciencia para aguantar os rollos que solta o alcalde nos plenos, nos que fala o tempo que lle dá a gana. Hai que ter paciencia nas reunións do plan xeral, onde hoxe se nos di unha cousa e mañá outra. Hai que ter paciencia coas obras, que nunca se sabe cando acaban (e agora tampouco cando empezan). Hai que ter paciencia cos atrasos nos servizos municipais (unha licencia de obra menor non se tramita en menos de 3 meses). Por ter, temos que ter paciencia até co tempo, que non acaba de entrar na primavera.
Pero a paciencia tamén tén un límite, e a nosa xa está chegando a el. Hoxe, según o calendario acordado por todos os grupos políticos, tocaba reunión do plan xeral. Aínda seguimos esperando pola do venres pasado. O martes e o mércores que vén terían que vir a Lugo as redactoras… Lugo non se merece este trato do goberno municipal. Se non queren traballar que o digan e que nos deixen aos demais facelo.






