As obras do Plan Paradai

Política municipal Non hai comentarios

Onte chamáronnos os veciños do barrio de Paradai e alí fomos pola tardiña a reunirnos con eles. Están moi preocupados polas obras do Plan Paradai, ese proxecto urbanístico que leva xa máis de 12 anos aprobado e que só agora comeza a materializarse. Están moi preocupados porque non teñen información sobre como vai quedar a zona e todo apunta a que na rúa Río Sil van facer unha rotonda que vai obrigar a levantar dous muros diante das vivendas e dos negocios que hai na zona.
Os veciños queren información, queren que desde o concello lles expliquen que vai pasar coas súas casas. E o concello ten a obriga de informalos correctamente.
Xa pedín poder consultar o proxecto no concello e vou estar moi atenta ao que pase nos vindeiros días.