O novo concelleiro da zona rural
16 Xullo, 2008 Política municipal 1 ComentarioXa temos novo concelleiro para a zona rural. A verdade é que non é tan novo pois xa leva medio ambiente desde fai 8 anos. Imos darlle certo marxe para que tome posesión do cargo, pero a verdade é que nunha entrevista que lle publican hoxe xa me deixou claro que as cousas na zona rural de Lugo van cambiar pouco. Os 8000 veciños e veciñas que viven nela xa saben que de pouco lles vai valer pedir, pois o novo concelleiro ten moi claroas as súas prioridades: internet e pouco máis. E é certo que internet é moi necesaria. Pero tamén é necesario ter accesos ben asfaltados, pistas desbrozadas, pedaneos elexidos democraticamente, abastecemento público de auga e, como non, saneamento.
Parece que coincide conmigo no do saneamento, polo menos no plano teórico, porque do práctico non di nada. Agardo que sexa máis previsor do que era Liñares e que planifique de cara ao futuro imediato as obras a acometer nas 54 parroquias que temos. Seguro que os veciños son os primeiros en agradecerllo.






