Liña de alta tensión pola Fonsagrada
30 Xullo, 2008 Infraestruturas, Política Estatal 2 ComentariosOnte estiven na Fonsagrada. Imos prensentar unha iniciativa no Cogreso dos deputados demandando a retirada do Estudo de Impacto Ambiental da liña de alta tensión Boimente (Viveiro)-Pesoz (Oscos). Esta liña atravesa toda a cornisa marítima da provincia de Lugo e introdúcese en Asturias a través do concello da Fonsagrada.
Na Fonsagrada atravesa por unha das zonas de maior riqueza económica, social e paisaxística do Concello, a que limita cos Oscos, con elevado potencial turísitico que comeza a explotarse.
No BNG queremos que se retire ese Estudo de Impacto Ambiental por pouco adecuado, pois das diversas opcións de trazado só estuda a que lle interesa ao Ministerio e a Rede Eléctrica Española, negando incluso que lle afecta a 22 núcleos de poboación da Pontenova e da Fonsagrada.
Evacuar a enerxía producida nos parques eólicos é moi importante, pero preservar unha das mellores zonas da Fonsagrada, tamén. E poden facerse as dúas cousas, só tén que haber vontade pólítica.







