O esperpento do PXOM feito realidade
31 Xullo, 2008 PXOM Non hai comentariosNon teño outro calificativo para o que está pasando co Plan Xeral que non sexa o de esperpento. É un esperpento porque só nunha análise moi superficial da documentación que lle mandaron aos distintos organismos xa detectei erros, planos que non coinciden, propostas que non figuran, urbanizábeis que amplían a súa superficie,…. E isto só nunha visual rápida!!! Xa me dá medo pensar o que vou atopar cando baixe máis ao miudo.
Está claro que o PSOE e Orozco o único que queren é aprobalo canto antes e que o futuro de Lugo e dos seus veciños tanto lle ten. Por iso no BNG temos tan claro que é necesaria unha nova exposición pública do Plan Xeral. Transparencia. Mellor un novo retraso que un Plan negativo para Lugo, para os seus barrios e para as súas parroquias.
Desde logo este non é o Plan que quero para o meu concello.






