O conflicto da policía local

Política municipal Non hai comentarios

A policía local de Lugo leva cun conflicto aberto moitos anos, conflicto que se recrudeceu nos últimos meses nos que a situación xa se fixo insostíbel. O meu compañeiro e portavoz municipal, Xose Anxo Laxe, fixo públicos onte unha serie de datos que son moi claros. Esta cidade padece un total caos de tráfico, non existe ningún control policial en ningunha zona e quen o pagamos somos os cidadáns de a pé. E pagámolo nós porque non se regula e non se controla o tráfico, porque se aparca de maneira indiscriminada sobre os pasos de peóns, sobre as paradas dos buses, nos carga e descarga, nas entradas dos portais, nas beiras das rúas,… Este é o noso día a día. E mentres tanto a policía local non cumpre coas súas funcións e o Goberno Municipal é incapaz de cambiar esta situación.
Agora que tanto se fala de seguridade, de novos sistemas de control de tráfico e da velocidade,… nós seguimos co mesmo conflicto de sempre e sen que se solucione nada.

Pleno: martes 7 de outubro

Actos Non hai comentarios

7 Outubro 07UTC 2008
5:00 pm

Pleno: martes 7 de outubro

Actos Non hai comentarios

7 Outubro 07UTC 2007
5:00 pmto9:00 pm

Orzamentos do Estado

Política Estatal Non hai comentarios

Esta fin de semana o Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana e o Portavoz no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, indicaron que de non haber modificacións nos orzamentos do Estado, o BNG non os vai apoiar.
Non podemos prestarlle o noso apoio a unhas contas que non garantizan o investimento no noso País, pois aínda que se manteña ese 8% comprometido, se o montante total dos orzamentos baixa, tamén baixa esa porcentaxe. Por iso xa aclaramos que a achega a Galiza en infraestruturas ten que ser do 8% do total do orzamento e que a cantidade final non pode ser inferior á deste ano. Queremos máis investimento en aspectos de política social para que non haxa rebaixas na posta en marcha da atención á dependencia, que nos permita desenvolver o Servizo Galego de Benestar. E queremos que se poña en marcha a comisión de seguimento das obras do AVE. Non nos vale con que estén presentes Touriño e Magdalena a fantástica. Non é que desconfiemos, pero…

O BNG considera “un erro” que o PSOE leve ao Consello de Ministros os Orzamentos 2009 “sen ter asegurado os apoios parlamentares”

O BNG urxe ao Goberno a que marque coas CC.AA. todos os detalles da Lei de Dependencia

Seguridade vial

Política municipal Non hai comentarios

Onte celebrouse unha comisión de tráfico na que se analisou a seguridade vial no concello. Os últimos atropelos producidos en distintas rúas, en ocasións en pasos de peóns, puxeron de manifesto a necesidade de mellorar a regulación do tráfico na cidade. Entre outras cousas acordaron poñer radares na Ronda para reducir a velocidade, pois é unha das vias onde se producen máis accidentes.
Benvidas sexan todas as medidas se con elas evitamos máis mortes. De calquera xeito as estadísticas tamén constatan que moitos peóns fan caso omiso dos sinais e cruzan as rúas por calquera sitio e sen mirar… Todos e todas temos culpas, está claro. Unha das grandes necesidades desta cidade é unha maior e mellor educación vial, para uns e para outros. Temos que repectar as normas, vaiamos en coche ou vaiamos a pé.

Magdalena a magnífica

Infraestruturas Non hai comentarios

Onte a Ministra de Fomento, Magdalena a magnífica, díxolle ao portavoz do BNG no Congreso que era difícil reutilizar as vias que van quedar libres pola entrada en funcionamento do AVE para o ferrocarril de cercanías. Jorquera insistiulle na necesidade que tén o noso país de contar cunha compañiá ferroviaria galega que poña en marcha un servizo axeitado ás nosas necesidades. E a Ministra coma sempre, coa verborrea excesiva á que nos ten acostumados, o único que fixo foi poñer pegas e dar información equivocada.
Está claro que a batalla do tren na Galiza está empezando e que aínda nos quedan moitos combates por librar.

El Arco” tarda máis que un rexional en chegar a Monforte e custa o triplo

Política social de verdade

Galescolas, Política municipal Non hai comentarios

Este luns estiveron en Lugo o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e a conselleira de Vivenda, Tereixa Taboas. Os dous son nacionalistas e, mal que lle pese a Orozco, presentaron un proxecto de vivenda protexida para Garabolos que é a envexa de calquera cidade. Vanse construir máis de 800 vivendas con distintos tipo de protección, entre elas máis de 170 vivendas deses que antes se chamaban “sociais”, destinadas ás persoas con menos recursos. O seu deseño é moderno e actual, adaptado ás Normas do Hábitat, con dimensións mínimas regradas para cada unha das pezas e coas fiestras precisas para que vivamos con máis luz natural.
O BNG desde a Xunta está facendo unha verdadeira aposta por Lugo. Mágoa que o Sr. Alcalde non teña a ben colaborar coas consellarías nacionalistas para que Lugo avance. E digo isto porque sigue negándose a entrar a formar parte do Consorcio Galego de Benestar do que forman parte practicamente todos os concellos (todas as cidades agás Lugo) e que asume gastos de moita importancia en materia social. Así os veciños e as veciñas de Vigo, Ferrol, Ourense,… teñen galescolas, centros de día, residencias,… pagadas cos impostos de todos os galegos e xestionadas pola Vicepresidencia e en Lugo temos que ser nós, os e as lucenses quen as paguemos, e todo pola negativa reiterada do alcalde a colaborar coas consellarías que dirixe o BNG…
Que cada quen saque as súas conclusións.

♦Ver PDF vivenda protexida de Garabolos

Pasou o pleno sobre o estado do concello

Política municipal 1 Comentario

Case parece que Lugo é unha nación que precisa dun debate sobre o seu Estado. A Lei de Grandes Cidades permite facer este tipo de cousas: debates nos que o alcalde tén tempo ilimitado (onte falou durante case dúas horas) e a oposición tén 15 minutos e despois 10 de réplica. Xa se ve que é moi democrático o sistema. Por certo, que Orozco ten que agradecerlle ao PP de García Díez que lle aprobase o regulamento do pleno que lle permite actuar desta maneira.
E que pasou no pleno? Pois que Orozco quixo vendernos unha cidade que non existe, na que todo é marabilloso e na que non hai ningún problema nin ningunha necesidade. Unha cidade utópica que os veciños e veciñas non vemos por ningún lado. Porque o que eu vexo é un concello con moitas posibilidades se se queren aproveitar ben. Temos posibilidades se colaboramos institucionalmente e non nos deixamos avasallar polo Estado, se apostamos polos servizos públicos, polas boas comunicacións, pola atención ás persoas (pero atención de verdade, non propaganda),…
Eu creo en Lugo e no seu potencial. Creo que podemos avanzar e sairmos adiante, pero para logralo é necesario máis traballo, máis rigor e un proxecto claro de cidade. E iso é o que non teñen Orozco nin o PSOE.

A rúa López Guntín

Política municipal 1 Comentario

Na rúa López Guntín había un tampón urbanístico que se derrubou non fai moito. Tiraron coa casa que impedía o acceso á rúa desde Lamas de Prado e…máis nada. O concello asfaltou o tramo de rúa no que estaba a casa que se tirou e non fixo nada máis. Nin pintou os aparcadoiros, nin mellorou a sinalización, nin pintou o paso de peóns no fondo da rúa,… Por non facer, nin retirou o cartaz informativo que colocaron no seu momento (antes de derrubar o tampón) e que sigue alí tirado, nun predio sen pechar e que está todo cheo de lixo.
Os veciños quéixanse do estado da rúa, da velocidade excesiva (vense perfectamente na rúa as pegadas das rodas despois de fortes freadas), do lixo… En definitiva, quéixanse do abandono deste goberno municipal, porque lles fixeron moitas promesas e o tempo pasa e ninguén as cumpre.

Protexamos as nosas árbores

Política municipal Non hai comentarios

A Ordenanza Municipal de Parques, Xardíns e Arboredo Urbano contempla a posibilidade de crear o Catálogo Municipal de Árbores Singulares co obxecto de preservar e poñer en valor todas as especies vexetais sobresaintes do municipio.
En Lugo estamos afeitos a que se talen carballeiras para levantar edificios e ao seu lado, se faga un novo xardín. Estamos afeitos a que desapareza pola voracidade urbanística toda árbore que estorbe. Así foron desaparecendo carballos, castiñeiros, pradairos, freixos,… todas elas árbores autóctonas que se sustituiron por palmeiras, prunus (da familia das ameixeiras) ornamentais ou incluso por céspede artifical.
Eu son das que disfruto das zonas verdes que podo pisar, sobre as que os nenos poden correr e nas que te podes deitar a tomar o sol. Gústanme moito máis esas que as de “mírame e non me toques”, xeralmente moito máis caras e difíciles de manter… Por iso digo que se xa hai unha árbore, o que temos que facer é cuidala para que viva en bon estado moitos anos. Non temos que talala para poñer no seu sitio unha palmeira…

Fotos de árbores senlleiras de Galiza

Decreto que regula o catálogo galego de árbores senlleiras

« Entradas anteriores