A rúa López GuntÃn
Setembro 22, 2008 9:27 am PolÃtica municipalNa rúa López GuntÃn habÃa un tampón urbanÃstico que se derrubou non fai moito. Tiraron coa casa que impedÃa o acceso á rúa desde Lamas de Prado e…máis nada. O concello asfaltou o tramo de rúa no que estaba a casa que se tirou e non fixo nada máis. Nin pintou os aparcadoiros, nin mellorou a sinalización, nin pintou o paso de peóns no fondo da rúa,… Por non facer, nin retirou o cartaz informativo que colocaron no seu momento (antes de derrubar o tampón) e que sigue alà tirado, nun predio sen pechar e que está todo cheo de lixo.
Os veciños quéixanse do estado da rúa, da velocidade excesiva (vense perfectamente na rúa as pegadas das rodas despois de fortes freadas), do lixo… En definitiva, quéixanse do abandono deste goberno municipal, porque lles fixeron moitas promesas e o tempo pasa e ninguén as cumpre.









Setembro 22nd, 2008 at 4:30 pm
Normal, se está Piñeiro por medio. Normal, que non se faga mais nada porque non toca hasta 2011 nas proximas municipais.
O de Lopez Guntin é un prototipo da forma de actuar de Orozco e Piñeiro. Primeiro se dan datas e mais datas de derrubo do tampón (imposible poñelas todas, faria falla un ancho de banda que non o ten nin Bill Gates), despois se tira o tampón en campaña eleitoral (cada campaña un, no 2003 o do Camiño de Pipin, ¿lembran?) e as forzas vivas en pleno (Orozco, Besteiro e mais Piñeiro) supervisan a cousa a pé de obra e aproveitase a viaxe para anunciar otra magna obra (tampón de Ortega e Gasset que unha vez derrubado, o terreo segue mais ou menos igual que fai un ano) e se di que se arranxará a rua
Lean, lean
Orozco da el visto bueno al derribo del tapón de Lopez GuntÃn
Pasou o dia, pasou a romerÃa (ou sexa a campaña electoral) e hasta que aos veciños non se lles inchen os fuciños (total, por un ano de nada) non se arranxa nada na rua. Iso si, a culpa nunca é do Concello, sempre hai algún escusa, escusa que sempre é patética
Por exemplo, Piñeiro di que non se pudo urbanizar a rua porque o propietario do tampón recurriu ao xuiz porque habia un pequeno espazo de terreo que non fora expropiado. Naturalmente Piñeiro volta a cagala porque como se pode ler na Voz, ese pequeno espazo de terreo non afectaba aos traballos de urbanización. Coma sempre, collese antes a un Piñeiro que a un coxo.
Piñeiro y Otilio chapuzas a domicilio
E despois de gastar os cartos, ¿que temos? pois seguemos tendo un tampón en Lopez GuntÃn, antes era de ladrillo e agora é de coches.
Claro que sempre Piñeiro nos pode vender que grazas ao seu traballo crearonse prazas de aparcamento na rua Lopez GuntÃn
Outro dÃa se teño tempo, porei outra bonita obra virtual dos magos do urbanismo lucense