Pasou o pleno sobre o estado do concello
Setembro 23, 2008 9:45 am Política municipalCase parece que Lugo é unha nación que precisa dun debate sobre o seu Estado. A Lei de Grandes Cidades permite facer este tipo de cousas: debates nos que o alcalde tén tempo ilimitado (onte falou durante case dúas horas) e a oposición tén 15 minutos e despois 10 de réplica. Xa se ve que é moi democrático o sistema. Por certo, que Orozco ten que agradecerlle ao PP de García Díez que lle aprobase o regulamento do pleno que lle permite actuar desta maneira.
E que pasou no pleno? Pois que Orozco quixo vendernos unha cidade que non existe, na que todo é marabilloso e na que non hai ningún problema nin ningunha necesidade. Unha cidade utópica que os veciños e veciñas non vemos por ningún lado. Porque o que eu vexo é un concello con moitas posibilidades se se queren aproveitar ben. Temos posibilidades se colaboramos institucionalmente e non nos deixamos avasallar polo Estado, se apostamos polos servizos públicos, polas boas comunicacións, pola atención ás persoas (pero atención de verdade, non propaganda),…
Eu creo en Lugo e no seu potencial. Creo que podemos avanzar e sairmos adiante, pero para logralo é necesario máis traballo, máis rigor e un proxecto claro de cidade. E iso é o que non teñen Orozco nin o PSOE.







Setembro 23rd, 2008 at 6:39 pm
O mellor do discurso de Orozco estivo no apartado final, o de participación cidadá.
A primeira mostra de participación cidadá é colgar na folla parroquial (antes chamada páxina web municipal) unicamente o discurso de Orozco (na sección Actualidade) As respostas da oposición, para qué. Imaxinense o que pasaria se na páxina web do Congreso ou do Parlamento só se puxeran as intervencions de Zapatero ou Touriño, Fraga ou Aznar, etc. Pero en Lugo podese facer iso sen que ninguén se inmute.
Chist, fala o faraón
O mais destacado do rollo do Orozco neste apartado de participación cidadá é o curioso concepto que ten Orozco da misma, porque para Orozco participación cidadá é que os lucenses teñán o servizo de información 010, ou que se fagan cursos de acceso a Internete (Conéctate en Lugo) ou a Ludus Party ou que o Concello tramitase 40.000 certificados e voantes de empadroamento.
Manda carallo, cada vez que alguén pide un certificado de empadroamento ou chama ao 010 para pedir unha información está exercendo a participación cidadá, está participando na política municipal. Estuche ben a cousa.. .
Da verdadeira participación cidadá, Orozco versión Maya Plisetskaya pasou de puntillas pero deixou duas perlas
1) Dixo que neste momento estase a reformar o Regulamento de Participación Cidadá. Non dixo que como todos os seus proxectos, iste faise tarde, mal e arrastro. Tarde porque xa leva anos de retraso según o que marca a Lei de Grandes Cidades, mal como todo o que fai e arrastro porque se non fose porque o empurra a oposición, Orozco non modificaría nada do actual Regulamento
2) E agora foguetes para a frase do día “Este Goberno está en permanente disposición ao diálogo”. Traducción simultánea da frase :”Este Goberno está en permanente disposición ao monólogo”
Todo moi rico e a fartar no discurso do Alcalde.
Pero e o retroceso na participación cidadá que é que non se podan elexir aos pedáneos nas furnas, que se cheguen a acordos no Pleno ou no PXOM que despois non se cumpren por parte do goberno local, que os lucenses sexan escoitados e se lles de a razón como aos tontos para despois non facer nada do que piden, iso quedou no tinteiro de Orozco, mais calamar onte que nunca