PolÃtica social de verdade
Setembro 24, 2008 9:19 am Galescolas, PolÃtica municipalEste luns estiveron en Lugo o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e a conselleira de Vivenda, Tereixa Taboas. Os dous son nacionalistas e, mal que lle pese a Orozco, presentaron un proxecto de vivenda protexida para Garabolos que é a envexa de calquera cidade. Vanse construir máis de 800 vivendas con distintos tipo de protección, entre elas máis de 170 vivendas deses que antes se chamaban “sociais”, destinadas ás persoas con menos recursos. O seu deseño é moderno e actual, adaptado ás Normas do Hábitat, con dimensións mÃnimas regradas para cada unha das pezas e coas fiestras precisas para que vivamos con máis luz natural.
O BNG desde a Xunta está facendo unha verdadeira aposta por Lugo. Mágoa que o Sr. Alcalde non teña a ben colaborar coas consellarÃas nacionalistas para que Lugo avance. E digo isto porque sigue negándose a entrar a formar parte do Consorcio Galego de Benestar do que forman parte practicamente todos os concellos (todas as cidades agás Lugo) e que asume gastos de moita importancia en materia social. Asà os veciños e as veciñas de Vigo, Ferrol, Ourense,… teñen galescolas, centros de dÃa, residencias,… pagadas cos impostos de todos os galegos e xestionadas pola Vicepresidencia e en Lugo temos que ser nós, os e as lucenses quen as paguemos, e todo pola negativa reiterada do alcalde a colaborar coas consellarÃas que dirixe o BNG…
Que cada quen saque as súas conclusións.








