Magdalena a magnífica
Setembro 25, 2008 9:46 am InfraestruturasOnte a Ministra de Fomento, Magdalena a magnífica, díxolle ao portavoz do BNG no Congreso que era difícil reutilizar as vias que van quedar libres pola entrada en funcionamento do AVE para o ferrocarril de cercanías. Jorquera insistiulle na necesidade que tén o noso país de contar cunha compañiá ferroviaria galega que poña en marcha un servizo axeitado ás nosas necesidades. E a Ministra coma sempre, coa verborrea excesiva á que nos ten acostumados, o único que fixo foi poñer pegas e dar información equivocada.
Está claro que a batalla do tren na Galiza está empezando e que aínda nos quedan moitos combates por librar.






