Orzamentos do Estado
Setembro 29, 2008 9:32 am Política EstatalEsta fin de semana o Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana e o Portavoz no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, indicaron que de non haber modificacións nos orzamentos do Estado, o BNG non os vai apoiar.
Non podemos prestarlle o noso apoio a unhas contas que non garantizan o investimento no noso País, pois aínda que se manteña ese 8% comprometido, se o montante total dos orzamentos baixa, tamén baixa esa porcentaxe. Por iso xa aclaramos que a achega a Galiza en infraestruturas ten que ser do 8% do total do orzamento e que a cantidade final non pode ser inferior á deste ano. Queremos máis investimento en aspectos de política social para que non haxa rebaixas na posta en marcha da atención á dependencia, que nos permita desenvolver o Servizo Galego de Benestar. E queremos que se poña en marcha a comisión de seguimento das obras do AVE. Non nos vale con que estén presentes Touriño e Magdalena a fantástica. Non é que desconfiemos, pero…
O BNG urxe ao Goberno a que marque coas CC.AA. todos os detalles da Lei de Dependencia






