O blog de Paz Abraira » Blog Archive » A ponte que non existe!!!

A ponte que non existe!!!

10:46 am Nova ponte, Política Estatal


Cadro dos Orzamentos do Estado: 151.000 € para a Nova Ponte de Lugo

Unha cifra: 151.000 €. Esta é a consignación orzamentaria que ten a nova ponte de Lugo nos orzamentos do Estado para o ano que vén. Claro que os 5 millóns de € que tiña para este ano seguen sen gastar. Pero que máis tén, Orozco está feliz e contento e con iso todo solucionado! Que non hai ponte? Non pasa nada, o goberno do PSOE felicítase igual. Que a autovía a Santiago non vai estar rematada antes de 2015? Que máis tén, igualmente o goberno de Orozco segue contento. Que do noso ferrocarril o goberno de Madrid nin fala? Que pasa, Orozco segue sendo un home satisfeito.
Supoño que estará moi agradecido porque os investimentos do Estado fanse públicos coincidindo co San Froilán e agardará que os lucenses non se decaten de nada durante estas festas. Pero a realidade é moi obstinada, e despois do día 12 de outubro a cidade recupera outra vez a súa marcha e teno que facer sen ponte, sen autovías, sen ferrocarril…

O proxecto dos Orzamentos do Estado segue aprazando a alta velocidade e introduce poucas novidades en autovías



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.