Chega o San Froilán
Outubro 3, 2008 9:07 am PolÃtica municipalCando chega o San Froilán parece que todo se para en Lugo. Seguro que os veciños e veciñas desta cidade van aparcar por uns dÃas ou por unhas horas incluso a crise e, coma todos os anos, gozar das festas se é que o tempo acompaña. Este ano xa se escoitaron crÃticas ao programa das festas elaborado polo goberno municipal. Non ten variedade. Case todas as actuacións son do mesmo tipo e dirixidas, en boa medida, a unha única franxa de idade. Non hai moita oferta para os adolescentes, e pouca tamén para a xente máis “madura”… e para a xente maior só orquestras. E de música galega xa nin falemos. O domingo das mozas perdeu o esplendor que tiña cando o organizaba a Asociación de Gaiteiros Galegos, cando en todos os recullos da cidade habÃa un grupo tradicional de calidade tocando durante todo o dÃa.
É unha mágoa que o goberno do PSOE, con Orozco e Coti á cabeza, non teñan unha maior sensibilidade e desprecen desta maneira a gran calidade artÃstica que existe na nosa cidade e no noso paÃs.







Outubro 6th, 2008 at 6:31 pm
Boas festas do San Froilán,e ollo ca xolda,pois veña,Ãmos prá festa,que xa comezan a “tocar” ” Ó rrosco y sus mariáchis “, unha aperta,e acougade e descansar un pouco,pois ben o merecedes,Saúde compañéiras-os de LUGO