Novo atraso no Plan Xeral
Novembro 19, 2008 11:47 am PXOMTeoricamente o día 3 de decembro íase celebrar o pleno extraordinario para aprobar o Plan Xeral. Pero xa non vai ser así. Non vai ser así porque para poder facelo, este luns 17 teríannos que ter dado copia de toda a documentación e a nós non nos chegou nada… nin unha explicación. Será que como o PSOE xa tén ese semiacordo co PP para que llo aprobe sen máis, para que se van preocupar porque o BNG teña información e coñeza o plan. Todo o contrario, canto menos saibamos mellor, que así non podemos cuestionalos.
Cando dixemos que queríamos unha nova exposición pública era precisamente para que PP e PSOE non poidan actuar de costas aos cidadáns, para que dean contan das decisións que toman. O PSOE tivo que modificar o Plan porque Orozco perdeu a maioría absoluta, e o PP renuncia a introducir melloras, que seica para eles nas municipais eran irrenunciábeis, para que non haxa unha nova exposición pública. Vaia coherencia a súa!
No BNG témolo claro, o urbanismo de Lugo tén que cambiar e tén que beneficiar ás maiorías e non a unha única minoría.







