Multas e policía
12 Marzo, 2009 Política municipal Non hai comentariosDebe andar medio Lugo preocupado polo tema das multas. Parece ser que hai funcionarios e políticos implicados. É un tema preocupante porque un cargo público debe ser estremadamente cuidadoso co uso que fai do posto que ocupa. Non podemos estar por encima do resto dos cidadáns. Temos que dar exemplo e actuar correctamente.
Agora son as multas pero poden ser outras cousas. E os funcionarios públicos tamén deben dar exemplo e non poden obter beneficios económicos máis aló do seu salario.
O caso da policía local de Lugo está chegando a uns niveis asombrosos, e os cidadáns xa están fartos de ver como actuan como lles dá a gana. A reestruturación era unha necesidade, e agora o goberno ten a obriga de aplicala.






