Sistema ORA
Marzo 17, 2009 12:18 pm Política municipalNon fai moitos meses que o BNG presentou unha proposición en Pleno na que pedíamos a reforma do sistema ORA. Entendendo que é necesario regular o aparcamento de vehículos no entorno doc asco histórico, tamén entendemos que este sistema non debe ser exclusivamente recaudatorio.
Na nosa iniciativa pedíamos que se establecese a gratuidade da primeira media hora para así facilitar a mobilidade dos coches e permitir que os usuarios de moitos servizos poidan acceder a eles nese tempo sen ter que pagar por aparcar. É necesario tamén revisar onde e porque se instala este sistema, pois non todas as rúas son iguais.
Lástima que o goberno non tivese nada disto en conta e que o único que fagan sexa cambiar de empresa. Outra oportunidade perdida para mellorar o tráfico nesta cidade.






