As costas do parque
22 Abril, 2009 Política municipal 2 ComentariosOnte saia na prensa que a Asociación en defensa das costas do parque impedíu o acceso de distinta maquinaria ás obras que están facendo no entorno do parque Rosalía de Castro.
Son moitas as polémicas que perseguen a esta obra e á empresa construtora. Partimos do Plan Xeral do 91, aínda vixente, aprobado polo PP, que lle asigna unha edificabilidade totalmente excesiva para o contorno. Seguimos coa aprobación dun Estudo de Detalle, aprobado polo PSOE, que lle permite construir tres moles de edificios na zona máis alta da parcela e eliminando toda a riqueza visual e paisaxística da zona. E chegamos ao inicio dunhas obras que bordean en máis dunha ocasión a legalidade urbanística co silencio cómplice do goberno municipal. E todo isto cun recurso presentado no xulgado e cun amplo movemento social en defensa do parque.
Está claro que o urbanismo de Lugo tén que cambiar. Mágoa que o novo Plan Xeral sexa ben parecido ao anterior. Por certo, foron o PSOE e o PP quen o aprobaron, porque o BNG votou en contra.






