As costas do parque
Abril 22, 2009 12:16 pm Política municipalOnte saia na prensa que a Asociación en defensa das costas do parque impedíu o acceso de distinta maquinaria ás obras que están facendo no entorno do parque Rosalía de Castro.
Son moitas as polémicas que perseguen a esta obra e á empresa construtora. Partimos do Plan Xeral do 91, aínda vixente, aprobado polo PP, que lle asigna unha edificabilidade totalmente excesiva para o contorno. Seguimos coa aprobación dun Estudo de Detalle, aprobado polo PSOE, que lle permite construir tres moles de edificios na zona máis alta da parcela e eliminando toda a riqueza visual e paisaxística da zona. E chegamos ao inicio dunhas obras que bordean en máis dunha ocasión a legalidade urbanística co silencio cómplice do goberno municipal. E todo isto cun recurso presentado no xulgado e cun amplo movemento social en defensa do parque.
Está claro que o urbanismo de Lugo tén que cambiar. Mágoa que o novo Plan Xeral sexa ben parecido ao anterior. Por certo, foron o PSOE e o PP quen o aprobaron, porque o BNG votou en contra.







Abril 23rd, 2009 at 9:57 pm
Reproducese abaixo algún dos “desafortunados” textos do responsabel comarcal de Galiza Nova na Coruña, Daniel Carballada, impropios de calquer compañeiro militante, e moito máis si ademáis se ten un cargo de responsabilidade politica. O seu partido (UPG), debera tomar medidas ao respecto, agás que pensen como este compañeiro, que emprega descalificacións con todos aqueles que non comparten o seu pensamento nin a súa candidatura (a maioría). Bonita lección de pluralidade, unidade, responsabilidade, coesión e todo eso que dí reivindicar para o BNG…
Que andas a pensar?
“Dani Carballada: ARRIBISTAS, TREPAS, ESPAÑOLAZOS, BURGUESES, ACOMPLEXADOS, VIVIDORES, BURÓCRATAS, MENTIREIROS, TRAIDORES . . . POR UN LADO, E POR OUTRO . . . PROGRES DE SALÓN, ACOMODADOS, VAGOS E MALEANTES, PERSONALISTAS, ENFERMOS MENTAIS, VENDIDOS, PEDANTÓNS . . . NON PASARÁN! SEÑORA, APOIE AO NACIONALISMO POPULAR: TOD@S CON GUILLERME! TOD@S CO BNG!”
Estes son os calificativos mostrados polo “compañeiro” dani Carballada no seu Faceboock, adicados a todos os que non apoian a Guillerme Vazquez. Pero na UPG non hai quén lle poña un bozal a este rapaz? Si o Responsabel Comarcal de Galiza Nova da Coruña se comporta así, mal futuro lle queda ao BNG como dependa de estes rapaces…
Maio 28th, 2009 at 10:55 pm
ejem…que ten que ver o anterior comentario coas costas do parque? se alguén quere dar un toque de atención ao responsábel da coruña que o faga alí!