En defensa do sector lácteo
Maio 7, 2009 4:43 pm Política Estatal, Política nacionalMañá vanse celebrar por todo o País concentracións en defensa do sector lácteo, que está atravesando unha das peores crises da súa historia. A importación masiva de leite francés a baixo prezo está obrigando aos gandeiros/as galegos a pechar as súas explotacións. E a política das empresas (Leche Pascual) pechando as plantas de transformación e envasado galegas axuda a apiorar esta situación.
Agora que estamos de novo ante unhas eleccións europeas, os partidos estatais deberían dar explicacións de por que estamos nesta situación. A tan cacarexada política europea, avalada por PP e PSOE cando gobernan no Estado é a maior responsábel desta situación de crise do sector lácteo galego.






