Segregación lingüística
Maio 20, 2009 9:33 am Política nacionalO PP quere impoñer o apartheid lingüístico na Galiza. Quere separar aos cativos en función da língua que falen. Queren, polo tanto, segregar, diferenciar, excluir a uns para poñer a outros. Queren, en definitiva, que os poucos nenos e nenas que falan galego cando comezan a súa escolarización (despois xa deixan de facelo porque a docencia impártese maioriatiramente en castelán) se sintan coma bichos raros, se sintan os anormais por falar a língua dos seus pais e dos seus avós.
Temos que aturar que se nos acuse de imposición aos que realmente defendemos o uso das dúas línguas en igualdade de condicións, non a imposición de unha sobre a outra que é o que acontece agora. Na nosa cidade non temos máis que preguntarnos en que nos atenden cando imos a calquera administración (Xunta, Deputación, Concello, Facenda,…), a calquera entidade bancaria, a calquera comercio, a calquera centro de saúde,…. A realidade é obstinada e empéñase en darnos a razón aos que dicimos que aquí o que está en perigo é o galego. Que aquí só hai un idioma no que non podemos desenvolver a nosa vida con normalidade: o galego. Teño problemas se quero unha escritura notarial en galego, se quero a documentación dun crédito ou dunha hipoteca en galego, se quero que a miña xinecóloga (da seguridade social) me atenda en galego, se quero presentar unha reclamación no SERGAS en galego, se quero que os meus sobriños reciban o 50% das materias en galego, se quero que non os separen dos seus amigos por falar en galego,…
A pesar das moitas dificultades que temos, o galego está vivo na xente, incluso na que fala case sempre en castelán pero entende que o galego é un valor, unha riqueza, un sinal de identidade do noso, do que somos. Porque xa dicían os vellos que “o saber non ocupa lugar”.










Xuño 14th, 2009 at 12:30 am
Non che parece curioso que empeces coa palabra “impoñer” para un proceso que procura a liberdade, e que pintes coma moi bo o que impoñe unha lingua?