Hoxe Pleno
Xuño 1, 2009 11:00 am Política municipalEsta tarde temos pleno e nel imos tratar cousas ben importantes. Imos falar de urbanismo, de idioma, de infraestruturas, de medio ambiente, de servizos sociais,… Empezamos ás 5 e non sei a que hora imos rematar, pero seguro que non moi cedo.
Semella que a chegada do bon tempo nos animou a todos os grupos a presentar bastantes propostas. Agora temos que agardar que, no caso de aprobarseben por unanimidade, ben por maioría, o goberno municipal as leve adiante e non queden nos caixóns como fan sempre.
Cando menos hai algo que si vai ir para adiante porque todos estamos de acordo. O pleno comeza cunha declaración institucional de apoio aos traballadores da fábrica que pascula quere pechar en Outeiro de Rei. Queren aplicar un ERE que é a todas luces inxustificado. Xa veremos o que fan o Ministerio de Traballo e a Consellaría de Traballo.









