Dous anos sen eleccións

11:14 am Eleccións

Non é por nada, pero creo que todos os cidadáns galegos agradecemos os dous anos que temos por diante sen eleccións.Vennos ben a todos un descanso antes do vindeiro proceso electoral que vai ser na primavera do 2011, as eleccións municipais.
As eleccións europeas demostraron que esa Europa da que se fala cando non se está de eleccións pouco interesa e que a sociedade se está dereitizando. A mocidade criada ao abeiro dos cartos fáciles e da falta de esforzo apúntase á política do PP sen ter en conta que esta só beneficia aos que máis teñen e que todos os demais van quedar polo camiño cunha vida ben dura que enfrontar. Agardemos que estes dous anos lles fagan analisar a situación e ver a realidade tal e como é. Desde logo eu sigo apostando por unha sociedade sen desigualdades, onde os ricos non sexan cada vez máis ricos e os pobres cada vez máis pobres.



Un comentario

  1. Mirian Di:

    Iso non cho cres nin ti, por mais que querades dici-lo contrario a dereita de hoxe non e como no s.XX, ao igual, que, grazas a Deus, a esquerda tampouco procura unha dictadura.
    As cousas han cambiado, e agora votase ao traballo ben feito, e, o que o pobo non quere son imposicions ¿ coma imos querer que governe unha oposicion que esta en contra de que se lle pregunte aos pais sobre a lingua na que queiren que estuden seus fillos? Todos queremos liberdade e igualdade, e dende logo, eu teñoo moi claro, non volverei votar a PSOE e BNG mentres sigades contra o respecto a vontade dos pais.

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.