Obras do Fondo Estatal

9:42 am Política municipal

Está claro que o Fondo Estatal de Investimentos, o famoso Plan E que inzou de xigantescos cartaces boa parte da nosa xeografía, lle está servindo a todos os alcaldes e alcaldesas para sair adiante nun ano ben difícil. Esquecéronse completamente de todo o establecido no orzamento anual e adícanse a xestionar as obras que se fan con eses fondos. Lástima que a maior parte dos cartos vaian para asfaltar camiños e non haxa propostas máis ambiciosas que lles permitan avanzar aos concellos e sair da pobre dinámica de sempre, esa do chapapote.
No caso de Lugo as cousas tamén son así. O goberno debeu dar xa dez rodas de prensa falando deste tema e colocou eses cartaces xigantescos en sitios ben curiosos. Hai obras que chaman a atención. Como se pode arreglar na Rúa Alta (a da Estación de Ferrocarril) unha zona de xardín cando o calexón polo que se accede a ela desde Miguel de Cervantes ten as escaleiras totalmente destrozadas e quen as usamos a diário corremos o risco de sufrir un grave accidente? Está moi ben a imaxe, pero a utilidade é aínda máis importante. Son máis útiles esas escaleiras ca ese xardín (só de uso visual) que se vai facer cos cartos de todos.



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.