A enquisa do galego
Xuño 15, 2009 9:45 am Política nacionalO venres os centros educativos distribuiron entre o alunado a enquisa do galego que deben cubrir os pais (digo eu que as nais tamén terán algo que dicir neste tema). O venres remata o prazo para a súa entrega voluntaria. A enquisa só persegue un fin, cubrirlle as costas ao PP máis radical e español, que é o que goberna na Xunta, para eliminar a prensenza do galego no ensino.
Quen pense que isto non é grave é que non o pensou ben. Estamos falando de que ese, como máximo, 50% das materias que se impartían en galego na escola se impartan en castelán. Estamos falando de que os nenos e as nenas aos que non lles falan galego na casa non van ter ningún contacto co noso idioma oficial en ningún ambiente, pois o que está claro é que nin na rúa, nin na televisión, nin nos seus xogos, van escoitar falar neste idioma.
Quen cre que a cultura ocupa lugar, quen cre que o multilingüismo é negativo, quen cre que saber galego vai facer que un neno ou unha nena no futuro teña menos posibilidades de sair adiante non sabe en que mundo vive ou está totalmente influenciado por esa visión maniqueista da realidade.
Non deixemos que o PP e quen están detrás del (sectores económicos, empresariais e mediáticos) eliminen aquelo que nos fai galegos e galegas, o noso idioma.







Xuño 15th, 2009 at 10:51 pm
Paz, por favor, decepcionasme moito. ¿ Coma podes estar en contra de que se lle pregunte a xente o que queire ?
O pobo teñe que ter dereito a decidir, e mais os pais sobre a lingua na que teñen que estudar seus fillos, pareceme moi ben que axudese o galego, e a nosa lingua e por suposto hai que coidala, dende logo, pero ¿pra iso hai que impoñer?, ¿ non e mais doade respectar que cada un fale no que queira?
Durante moitos moitos anos na Galicia non se puido falar en galego, agora estamos nunha democracia, o mais xusto e que agora haxa dereito a falar no que cada un queira.
Non entendo ao BNG, eu estivaria do voso lado se defenderades que asegurese que unhas asignaturas estean en Galego sempre, que non se poida quitar duas horas de Galego, que se teñen que apoiar cursos en galego, … calquera cousa, agora ben, non podo apoiaros cando queredes taparvos os oidos ante a vontade dos galegos e vos opoñedes a preguntarlle os galegos en que queren que estuden seus fillos, a sua liberdade.
Sintoo moito, pero non podo.
Xuño 15th, 2009 at 10:59 pm
Eu quero que penses ti unha cousa, as eleccions europeas en Holanda: a extrema-dereita subiu moito ( a min deixame unha sensazon entre magoa e medo ) pero foi a vontade do pobo, e non seria democratico pretender que eses deputados non teñan seus escanos, posto que dende a democracia non podemos ir en contra do que di o pobo.
No caso do Galego, podes non estar a favor de que ala pais que queiran que seus fillos estuden en Castelan, moi ben, pois fai unha campaña para que todos os pais do pais pidan que seus fillos estuden en Galego, agora non pidas que non se lles pregunte aos pais porque para ben ou para mal, son libres para decidir o que queiren.
Crexo que o BNG non pensou moito a sua opinion, pero coma non a rectifique vai pagalo nas urnas, por favor decatarvos e cambiar ¡¡
Xuño 17th, 2009 at 1:57 pm
Estou en total desacordo cos comentarios anteriores.
Non entendo como, chegado a un punto de entendemento pacífico entre as duas linguas, teñamos que volver a por en duda algo que é evidente, que somos bilingües.
Eu preguntome ¿Para que se lle vai preguntar os pais? ¿Para separar os alumnos que queiran falar o galego dos que quieran falar o castelan? Eu creo que non, creo que queren aprobeitar a maioría acadada nas eleccións para impor o castelán.
En fin, usar o Galelo como unha arma arroxadiza non me parece ético, pareceme moi malo para o noso idioma que voltemos o de sempre. Oxalá lle pase factura o PP e non sigamos sendo ese Pobo reprimido. En Cataluña ou no Pais Vasco nin se lles pasaría pola cabeza, nin plantealo sequera.
Xuño 18th, 2009 at 11:09 pm
Perdoa Tania pero en Euskadi, e segundo o pacto entre PSE-EE e PP, tamen vase facer un modelo bilingüe no ensino.
Eu crexo que hai que respectar a vontade da xente, non teñe sentido ir en contra de iso, que pode ser que o PP queira usalo para botar fora o galego, sinceiramente non o crexo, pero pode ser, enton eu estou a favor de que o BNG estea alerta e se iso ocurrera o denuncie, agora ben, o que non vexo ben e que de anteman non se queira deixar decidir o pobo.
O que non se pode pedir e que se quite un dereito por medo a que sexa manipulado.
Xullo 28th, 2009 at 3:45 pm
Mirian, encantame o que dis nos teus comentarias, sobre todo despois, xa non de ler o que dis, senon de ler, como o dis. Ti fuches educada en castelan e falas castelan; de hai, teu texto. Revisao, e xa postos non te iria nada mal, unhas cantas clases do IDIOMA GALEGO. Unha magoa, a verdade, unha magoa. Porque son so os inorantes do galego os que o temen? Tal vez a resposta este no noso Himno. Coñecelo????