Centro cívico “Maruja Mallo”

4:59 pm Política municipal

Hoxe inaugurouse o novo centro social de entrecarrís, que se vai chamar Centro Cívico Maruja Mallo (por fin un nome de muller). Este centro leva máis dun ano de atraso na súa apertura, e a responsabilidade é exclusivamente do goberno municipal e da súa incapacidade para facer un correcto seguimento das obras.
Pero o mellor de todo foi o discurso de Orozco ante os medios de comunicación. Nel explicou que vai contar, a maiores do centro d¡sicial, cun centro de día de 50 prazas que poden chegar a ser máis de 70. Preguntáronlle por que empezaban con tan poucas e dixo que era as que se podían crear co orzamento deste ano, e que crear máis prazas para o ano que vén dependía da oposición, que lle tiñamos que aprobar os orzametos para poder facelas!!!
Polo que eu sei nin BNG nin PP gobernan o concello de Lugo, e polo tanto é o PSOE quen, se quere aprobalo, terá que negociar o orzamento cos outros grupos. Está claro que se a súa estratexia é a do pasado ano, non vai contar co apoio do BNG e terá que recurrir de novo á cuestión de confianza para sacalos adiante.
Despois a concelleira de Servizos Sociais tivo que aclarar que o número de prazas definitivo vai depender da capacidade final do centro, pois non trasladan aos usuarios do Antonio Gandoi para que estén nas mesmas condicións (de falta de espazo) que están alí.
Un goberno en minoría debe ser un goberno dialogante e que busque a complicidade da oposición, e desde logo Orozco diso sabe máis ben pouco.



Un comentario

  1. manuel Di:

    muller, deixar de criticaros os uns aos outros e traballade en comandita, que é como ten que ser, para alcanzar un ben común: desenrolar a cidade en tódolos seus aspectos, se sodes todos boa xente, pere andais sempre a paos… un saudiño

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.