Itinerarios escolares seguros

4:56 pm Infraestruturas, Política municipal, Xeral

O luns temos pleno, o último antes do verán, e levamos unha iniciativa novedosa nunha cidade coma Lugo. O compañeiro Antón Bao, que é Vicepresidente da Deputación, vai defender a creación de itinerarios escolares seguros para que os cativos acudan ao colexio a pé ou en bicicleta sen ter que arriscar a súa integridade física.
Onte presentamos a iniciativa publicamente, e puidemos comprobar como nos transformamos cando conducimos un coche. Deixámolo “un momento” no paso de peóns, na beira da rúa, sen darnos conta de que por alí pasan nenos e que o único que facemos é poñelos en perigo.
Queremos que eses itinerarios, que xa existen noutras cidades do Estado, se delimiten con sinais claros e inequívocos para que os meniños andes seguros. Espero que o luns non nos digan que non. Os nosos nenos e as nosas nenas non merecen unha negativa.

itinerarios-escolares1bisprogresodecora1-04portapapeles-sinais1



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.