100 días de (des)goberno do PP
28 Xullo, 2009 Política nacional 1 ComentarioXa está, xa pasaron os primeiros 100 días de goberno do PP. Seica hai que esperar sempre ese tempo para empezar a facer valoracións, pero neste caso a miña é a mesma hoxe que fai 100 días: negativa. É negativa porque non pode ser doutra maneira. Que nos deixaron estes 100 días? Pois deixáronnos ataques mortais ao galego, acordos fraudulentos para restrasar aínda máis a chegada do AVE, un novo financiamento autonómico que nos deixa en peor situación da que estabamos antes, un acordo para o sector lácteo que non resolve os graves problemas que teñen os nosos produtores de leite,…
E agora por riba PP e PSOE falan de aprobar un novo estatuto que non sexa de nación porque seica esa é unha aspiración pasada de moda. Menos mal que no BNG temos ben claro o que queremos con respecto a este tema, porque senón cando cheguemos aos 1000 días de goberno do PP non vai quedar nada do que é este País.






