Orzamentos do Estado
Outubro 1, 2009 5:00 pm Política EstatalDespois de tantas promesas e de tanto falar, temos diante de nós o0s orzamentos do Estado e neles non figura un euro para a Estación Intermodal de Pepe Blanco e Orozco. Pero como tampouco figuran cartos para o AVE e como ferrocarril de cercanías non temos, pois que máis ten!
O papel terma do que lle poñen, e no papel dos orzamentos a nova estación non existe.
E outras obras que deberían estar rematadas reciben menos cartos ca este ano, entre elas a nova ponte e a autovía Lugo-Santiago. Da de Lugo-Ourense mellor non falar. E o desdobramento da Ronda Norte para garantir os accesos aos novo polítgono industrial das Gándaras tampouco figura, a pesar de que non se gastaron os cartos que había para este ano. E por riba o PSOE vai e súbenos o IVE e di que é para poder facer as obras, entre elas as do AVE galego.
O debate dos orzamentos é un debate real, non virtual, e o que non está no papel, non existe, diga o que diga o PSOE.






