Lois Diéguez, masivamente homenaxeado en Lugo
Novembro 16, 2009 11:32 am XeralEste sábado Lugo rendíulle un sentido homenaxe a Lois Diéguez. Neste acto de recoñemento social foron moitas as persoas que queixeron(mos) manifestarlle o noso afecto e o noso profundo respeto polo traballo de toda a súa vida, tanto no ámbito social como no político, no cultural, no literario,…
Foi un acto moi emotivo e tamén moi reivindicativo. Falouse de pasado, de presente e tamén de futuro. E neste presente e nese futuro Lois Diéguez ten aínda un papel moi importante que cumplir. Porque as súas achegas en todos os ámbitos nos que el actúa son sempre precisas e acertadas, co obxectivo claro de obter un beneficio colectivo. Porque a palabra “colectivo” guia sempre a actuación de Lois. E isto, que é unha virtude, non lle fai esquecer o valor do indivicual. Porque sempre ten a palabra oportuna, o xesto preciso para que, cando na vida persoal algo non anda ben, te sintas apoiado por el.
Lois vive agora nun barrio de Lugo que se chama A Coruña. Foron moitos e moitas os que utilizaron esta expresión que pon de manifesto que sigue aquí, traballando con nós no día a día, como sempre fixo.









