Sen novas dos orzamentos do concello
Novembro 23, 2009 12:04 pm Economía, Política municipalA estas alturas do mes de novembro deberíamos estar falando dos orzamentos do concello, pero a 23 de novembro non sabemos nada deles. Ben, hai algo que si sabemos polos medios de comunicación, que ou ben lle aprobamos os orzamentos a Orozco ou que volve a presentar unha cuestión de confianza como o ano pasado. Resultan curisosas as “veladas ameazas” cando aínda non se sabe nada do documento por condutos oficiais. Como se pode xa estar intentando culpar aos demais do que vai pasar cando aínda non se nos entregaron nin as liñas mestras do orzamento do ano que vén?
Orozco sempre esquece que non ten maioría. Déixase levar en exceso por esa característica do seu carácter: a arrogancia. E a arrogancia non é boa conselleira en época de crise.









