RuÃnas urbanÃsticas
Novembro 27, 2009 12:53 pm UrbanismoEstes dÃas está saindo na prensa información sobre as ruÃnas urbanÃsticas e sobre as ordes de execución de obras que emite o concello para que se rehabiliten vivendas que están en mal estado. Ten todo isto bastante que ver co novo plan xeral, aÃnda que non o pareza. Este documento prevé a construción de máis de 35.000 novas vivendas, cando vemos como dÃa a dÃa boa parte do patrimonio do concello de Lugo está caendo por falta de atención e de medios económicos.
Hai propietarios que se queixan de trato discriminatorio con respecto a moitos construtores de Lugo que adquiren vivendas que despois se siguen deteriorando sen que se faga nada coa vana promesa de que van edificar alÃ.
Está claro que ante as ruÃnas urbanÃsticas hai que actuar, e que temos a obriga de preservar o noso patrimonio inmobiliario, pero o que non pode é haber distinto trato para uns e para outros, nin poden pasar anos sen que se faga nada.










Novembro 28th, 2009 at 8:45 pm
Acabo de pasar (20:00 horas do sabado) por diante do nº 8 da rua San Lourenzo.
A casa non está vallada nin hai ninguna medida de seguridade nela.
¿A que ven isto?
A que onte no Progreso e hoxe na web do Progreso podemos ler que Maria Novo di que a casa nº 8 decrarouse en ruiña “ante o inminente riesgo de derrumbe”
Web do Progreso
Entón, se a casa vai derrubarse inminentemente ¿por qué o Concello non cortou o tráfico na rua diante disa casa?
Aqui ten que haber responsables pola falta de medidas do Concello ante un riesgo inminente.
Sr. Rábade, dimisión
Ou millor dito, Sra. Novo dimisón por mentireira e favorecedora dos constructores.