2010

7:10 pm Idioma

Chegou o 2010 e con el un novo decreto do galego. Vai ser este un ano decisivo para o galego, e seguro que imos ter que sair á rúa moitas veces para facernos escoitar porque está claro o que quere o PP: que o galego sexa residual, que non se aprenda na escola, que non poidamos utilizalo cando nos diriximos a un funcionario nunha administración pública. En definitiva, se puidesen farían que o galego desaparecese do mapa, borrarríano como borraron a historia do noso país, enterrarríano como enterraron tantas outras cousas nos últimos anos.
Pero non imos permitir que sexa así. Somos moitos e moitas os que nos imos opoñer aos ataques sistemáticos ao noso idioma, ao noso futuro. Xa se veu o día 30 en Compostela, porque “aínda que chova, o galego non se encolle” .
Traballemos para que o 2010 sexa o ano do galego, traballemos pola súa defensa e sobre todo fagamos unha cousa, tanto colectiva como individualmente: USÉMOLO sempre e en todas as circunstancias, porque é a mellor maneira de mantelo vivo para nós e para as vindeiras xeracións de galegos e galegas.



Un comentario

  1. Monserrat Di:

    Eu cada dia che entendo menos, se a porcentaxe do castelan e a do galego vai ser a mesma ¿coma se come que a Xunta pretende que o galego sexa unha lingua residual?

    Pero, Paz, a min o que mais sorprendeme e que vos sexades ‘tan defensores de todo o galego’ e despois resulta que na miña cidade, Monforte, o Concello (do BNG) non fai mais que quitar tradicions: os fogos de auga, o martes de pascua, os bailes de antroido, … o caso e que todo o que soe a enxebre ten que ir fora, AGORA, DESPOIS VOS PARECE MAL QUE OS RAPACES POIDAN ESTUDAR EN CASTELAN E MAIS EN INGLES.

    Conclusion, vosoutros defender o galego de desaparecer non, se vos peta atacades o enxebre e moi orgullosos de facelo, agora ben, nas cousas nas que hai convivencia enseguida ides a meter cizaña. ¿ pero que decides de que defendedes a Galicia? ¿ E logo vos extraña que cada ano que pasa acadedes peores resultados electorais?

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.