Urbanismo
Xaneiro 11, 2010 5:53 pm UrbanismoO PP acaba de sacar adiante reformas urbanísticas de importante calado que teñen como finalidade que o territorio volva ás mans de quen levan anos e anos destrozándoo: os concellos e os construtores. A reforma da Lei do Solo e ás novas normas para o litoral poñen de manifesto unha vez máis quen quere o PP que manexe o urbanismo no noso país, que non son outros que os que seica agora están padecendo gravemente a crise.
Seguir destrozando a arquitectura, a paisaxe, a sociedade,… do rural galego parece ser un dos divertimentos do PP e dos seus adláteres. E para iso contan en moitos casos coa encomiábel axuda do PSOE. Vese ben en Lugo. Empezaron coas costas do parque, seguiron co Plan Xeral e agora celebran que o Carme e o casco histórico sigan sendo destino de vivendas para quen máis teñen porque xa se ocuparon de eliminar o plan de vivenda protexida que elaborara o BNG desde a Xunta para que as vivendas de quen menos teñen non sigan formando guetos nos barrios periféricos das cidades.
Veñen tempos difíciles, e non o digo pola climatoloxía…









