Lugo, o PSOE e o Consorcio de Servizos Sociais
21 Novembro, 2008 Galescolas, PSOE Non hai comentariosImaxe moi rechamante a de hoxe nos xornais. Sonia Méndez e Loli Vieiro despois da xuntanza con representantes de Vicepresidencia e do Consorcio acusándonos de querer adoutrinar aos traballadores dos centros concertados coa Vicepresidencia. U-lo respecto por eses traballadores e traballadoras? Agora xa non se atreven a facer as afirmacións que facían sobre a aposta polo uso do galego nas galescolas, como se iso fose un delito. Claro, teñen que variar o discurso porque estamos ás portas dun proceso electoral fundamental para este país e o PSOE non as tén todas consigo.
Ídesme permitir que faga unha pequena reflexión escrita sobre a representación que mandou o concello de Lugo: Sonia Méndez, concelleira de Economía e Loli Vierio, concelleira de Educación. Xa as vexo entrando na reunión e á concelleira Loli Vierio toda alporizada e dicindo que o Consorcio é anticonstitucional!!!
O meu compañeiro Xosé Chorén xa dixo que a Orozco non lle sirve o funcionamento do Consorcio, aceptado polos alcaldes dos 263 concellos de toda Galiza adheridos, de todas as cores políticas, entre eles os alcaldes de todas as demais cidades galegas, porque non pode vender a súa xestión como actuación política propia.
Orozco e o PSOE deberían ter claro a estas alturas que os termos do Consorcio son os mesmos para todos os concellos adheridos. Non pode haber un Consorcio especial para o Concello de Lugo porque a Xunta non pode facer excepcións con ninguén.
Ademais o Concello de Lugo ten a posibilidade de deixar fóra do Consorcio aquelas gardarías que queira xestionar directamente, como fixo por exemplo o Concello de Santiago, polo que non se entende que o Goberno municipal do PSOE de Lugo siga decindo que non ao Consorcio.
Tamén é ben saber que o Concello de Lugo recibíu no ano 2005 da Xunta do Partido Popular 471.000 euros de axudas para as garderías, centros de día e axuda no fogar e neste ano 2008, da Vicepresidencia da Xunta que dirixe o BNG 815.000 euros para os mesmos conceptos. O BNG practicamente duplicou en tres anos os fondos que lle transfire ao Concello de Lugo!!!
Esta actitude de Orozco é lamentábel porque a quen prexudica realmente é aos cidadáns de Lugo, que vemos como a gardaría de San Xillao segue pechada polos caprichos deste señor.








