O Plan Paradai

Infraestruturas Non hai comentarios

Onte veu a Conselleira de Política Territorial contarnos que o Plan Paradai avanza con rapidez e que o ano que vén imos ter nova ponte en Paradai, esa que cortaron e que unía As Gándaras e Paradai. Hoxe os cativos de Paradai cruzan a via do ferrocarril para ir á parada do bus que se atopa do outro lado, e iso non lles preocupa. Non aclararon se mentres non se fai a nova ponte van crear un acceso alternativo onde estaba a vella para, polo menos, poder cruzar a pé dun lado ao outro. A Conselleira dixo que meteron cartos no orzamento do ano que vén para facer esa obra. Como de momento non hai proxecto non teño moi claro que para o ano 2009 teñamos nova ponte en Paradai. É que as promesas socialistas nunca se cumpren e temos antecedentes abondo. A nova ponte sobre o Miño, a ronda leste que ten que dar acceso ao novo hospital, a autovía a Santiago e a Ourense… Imos estar ben atentos ao que pasa nos vindeiros meses.

Magdalena a magnífica

Infraestruturas Non hai comentarios

Onte a Ministra de Fomento, Magdalena a magnífica, díxolle ao portavoz do BNG no Congreso que era difícil reutilizar as vias que van quedar libres pola entrada en funcionamento do AVE para o ferrocarril de cercanías. Jorquera insistiulle na necesidade que tén o noso país de contar cunha compañiá ferroviaria galega que poña en marcha un servizo axeitado ás nosas necesidades. E a Ministra coma sempre, coa verborrea excesiva á que nos ten acostumados, o único que fixo foi poñer pegas e dar información equivocada.
Está claro que a batalla do tren na Galiza está empezando e que aínda nos quedan moitos combates por librar.

El Arco” tarda máis que un rexional en chegar a Monforte e custa o triplo

O Plan Paradai

Infraestruturas Non hai comentarios

Onte o goberno municipal foi visitar as obras do Plan Paradai. Os veciños seica estaban moi contentos. É normal que anden contentos despois de 15 anos nos que non se fixo nada. Mágoa que só lles preguntasen aos que non están afectadas polo desdobramento de Duquesa de Lugo. Mágoa porque seguramente estes, os que viven onde está a ponte Paradai, non creo que anden tan contentos. Primeiro levantáronlles un muro que lles tapa as fiestras das súas casas, despois dixéronlles que non, que xa non ia alí, despois volveron e non lles aclararon moi ben como ía quedar toda a zona…. E nesas reunións estaban representantes do concello e de Política Territorial, que é a Consellaría responsábel desa parte da obra. E coma sempre o concello pasa de todo, deixa só aos veciños e non reclama que as cousas se fagan ben. Que sigan as obras do Plan Paradai que aínda queda moito por facer.

Colectivos veciñais queren obras nas rúas antes que máis fontes decorativas

Seguimos ás voltas co tren

Infraestruturas Non hai comentarios

Seguimos ás voltas co tren. Está claro que esta é a súa semana. Agora incluso os medios de comunicación se fan eco das graves carencias ferroviarias que ten lugo. Menos mal! Porque a única maneira de ganar as batallas e dándoas. Se abandonamos a reclamación dun tren de cercanías galego, se non pedimos unha conexión ferroviária entre Lugo e Santiago, se nos centramos só no debate do AVE, Lugo vai “perder de novo o tren”.
Sinto que o alcalde non o vexa así e que siga insistindo en que todo está ben e que non hai que cambiar nada. Case tivo máis repercusión en Santiago esta demanda (entrevistáronme varias cadeas de radio desta cidade) que en Lugo. Unha lástima porque os que estamos sen tren somos nós.

Fomento non traspasará vellas liñas para o tren de cercanías como demandaba o BNG

Necesitamos unha compañía ferroviaria galega

Infraestruturas 1 Comentario

Onte dixémoslle ao PP que se quere unidade política para mellorar o ferrocarril en Lugo que aposte, como o fai o BNG, pola creación dunha compañía ferroviaria galega que xestione o ferrocarril de cercanías e a conexión entre as cidades galegas.
E mentres nós facemos esta proposta, o PP e o PSOE enléanse na súa batalla de sempre, quen fixo máis? E eu pregúntome, quen fixo máis polo atraso e polo abandono deste país e concretamente desta provincia e deste concello? Quen fixo máis, o PP ou o PSOE? O PP gobernou o concello, a Xunta e o Estado, e o PSOE tamén, e a situación é ben semellante. O único que fan é intercambiarse os papeis cando son goberno e cando son oposición.
Xa estamos afeitos a esta maneira de actuar. Que digan claramente se están dispostos a crear unha compañía ferroviaria galega si ou non, e que se deixen de polémicas estériles.
Por certo, o alcalde, na súa dinámica habitual, dá por bon todo o que pasa en Lugo e que ten que ver coa actuación do PSOE noutras institucións. E agora dinos que como hai un tramiño de liña que pode acoller o AVE na Póboa de San Xillao, en Láncara, Lugo xa ten AVE. Tamén di que estamos conectados con Santiago e que, según el, non necesitamos nada máis porque a autovía xa é unha realidade porque os tramos do noso concello xa están licitados. Este home empeza a perder o sentidiño común. No seu partido deberían dicirlle que non confunda os desexos coa realidade, porque a relidade é moi teimuda e sempre acaba dándonos nos fuciños. E a realidade é que nin temos AVE, nin autovía a Santiago, nin ferrocarril, nin ponte,…. e este home xa leva 9 anos gobernando este concello.

O BNG propónlle aos populares que apoien a creación dunha compañía ferroviaria galega

O BNG propón crear unha compañía ferroviaria galega

Compañía galega de tren, a aposta do BNG

Desdobrar a Ronda Norte

Infraestruturas Non hai comentarios

Imos pedir o desdobramento da Ronda Norte para darlle servizo ao novo polígono industrial das Gándaras e tamén ao novo hospital, pois esta via enlaza na Campiña coa Ronda Leste, principal acceso a esta infraestrutura sanitaria.
A entrada en funcionamento do novo polígono industrial das Gándaras está prevista para finais do ano que vén, polo que hai que demandar agora o desdobramento da Ronda Norte se queremos que para daquela estea avanzado. Como xa sabemos a maneira de actuar do goberno de Orozco, que nunca lle reclama nada ao PSOE en Madrid, imos facelo nós. Pero tamén imos levar a iniciativa ao Concello para obrigar a Orozco e ao seu grupo a posicionarse.
Ademais como agora o PP, García Díez e Barreiro están tan reivindicativos, estamos seguros de que compartirán con nós a necesidade de desdobrar a Ronda Norte. Por certo, que o proxecto inicial é da época de Joaquín na alcaldía, e xa daquela falábamos do negativo do seu trazado. Esperemos que agora actúe en consecuencia e apoie a súa mellora.

Xogos interesados

Infraestruturas Non hai comentarios

Hoxe mantiven unha reunión con representantes da organización ecoloxista Adega na que analisamos a situación do ferrocarril en Lugo. É este un tema do que falamos con frecuencia e que lamentabelmente volve a estar de actualidade.
Moléstanme os xogos interesados neste asunto. Moléstame que os representantes dos partidos estatais só se sumen ás demandas cando non teñen responsabildiades de goberno nin en Madrid nin en Galiza. PP e PSOE manteñen unha actitude moi semellante cando son goberno e cando son oposición. Cando son goberno non invisten os fondos necesarios, dilatan os procesos no tempo de maneira que nunca se ven melloras e nunca falan de maneira concreta do que imos ter. E cando son oposición reclaman o que non fixeron antes nin teñen intención de facer despois se volven gobernar. E en Lugo xa estamos cansos desta situación. Queremos saber que tipo de ferrocarril imos ter e cando imos poder contar con el. E non estou falando só do AVE. Estou falando do ferrocarril que realmente necesitamos, ese que nos permita ir a Madrid, a Barcelona, a Bilbao, e como non a Santiago, a Coruña, a Ferrol, a Vigo ou a Ourense. No BNG queremos un ferrocarril co que poidamos ir a Monforte, a Sarria, a Láncara, a Guitiriz, a Begonte, a Rábade,…
É esta unha demanda social que imos trasladar ao pleno do mes de outubro. Agardamos que PP e PSOE estén dispostos a respaldala.

O BNG reclama unha liña ferroviaria entre Lugo e Santiago

Un ferrocarril terceiromundista

Infraestruturas Non hai comentarios

Dicir que Lugo ten un ferrocarril terceiromundista non é dicir nada novo. O BNG leva moitos anos denunciando as actuacións de Renfe e do Goberno do Estado nesta materia e o PSOE e o PP súmanse cando non teñen responsabilidades de goberno. Porque cando as teñen, uns e outros deixan a esta provincia e a este concello esquecidos e non enrubian por facelo.
Que pretendan facernos crer que reducir o tempo de viaxe de Lugo a Barcelona en dúas horas (pasamos de 15 a 13) e obrigarnos a facer un trasbordo é un grande adianto é rirse de nós. O que Lugo precisa é un ferrocarril de cercanías de verdade, que permita que a xente se desprace nel para estudar, para traballar ou para pasar o seu tempo libre. O que Lugo precisa é ter unhas boas comunicacións con todas as cidades galegas e tamén, como non, con Barcelona, Madrid,….
Estamos atravesando unha profunda crise económica, e estes procesos sempre prexudican aos que menos teñen. Neste caso quen menos tén en materia ferroviaria é Lugo. Xa vai sendo tempo de que as cousas cambien.

O BNG critica que o tren a Barcelona deixe de pasar por Lugo

Liña de alta tensión pola Fonsagrada

Infraestruturas, Política Estatal 2 Comentarios

Onte estiven na Fonsagrada. Imos prensentar unha iniciativa no Cogreso dos deputados demandando a retirada do Estudo de Impacto Ambiental da liña de alta tensión Boimente (Viveiro)-Pesoz (Oscos). Esta liña atravesa toda a cornisa marítima da provincia de Lugo e introdúcese en Asturias a través do concello da Fonsagrada.
Na Fonsagrada atravesa por unha das zonas de maior riqueza económica, social e paisaxística do Concello, a que limita cos Oscos, con elevado potencial turísitico que comeza a explotarse.
No BNG queremos que se retire ese Estudo de Impacto Ambiental por pouco adecuado, pois das diversas opcións de trazado só estuda a que lle interesa ao Ministerio e a Rede Eléctrica Española, negando incluso que lle afecta a 22 núcleos de poboación da Pontenova e da Fonsagrada.
Evacuar a enerxía producida nos parques eólicos é moi importante, pero preservar unha das mellores zonas da Fonsagrada, tamén. E poden facerse as dúas cousas, só tén que haber vontade pólítica.

O BNG pide en Madrid o cambio da liña a Pesoz

O polígono industrial das Gándaras

Infraestruturas, Política municipal Non hai comentarios

Esta mañá estivemos no novo polígono industrial das Gándaras co Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, a Conselleira de Vivenda, Teresa Taboas e o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco. As máquinas xa están explanando o terreo do que vai ser un dos maiores e máis modernos polígonos industriais de Galiza. Son moitas hectareas cedidas no seu momento polo concello de Lugo para uso militar, para o polvorín das Gándaras, que agora por fin volven ter uso público. Ademais van conservar as casetas de vixilancia existentes nos límites do terreo como recordo do que foi e como mostra dun tipo de arquitectura.
No acto había un bon número de representantes dos sectores económicos e sociais da cidade. Quen non estaba era o alcalde. Orozco, como neno caprichoso, preferíu irse de paseo con Ricardo Varela e facerlle un novo desprezo á nosa cidade. Porque o desprezo non llo fai aos representantes da Xunta, faillo a todos e cada un dos veciños e veciñas de Lugo que saben perfectamente que boa parte do futuro do noso concello depende de que este polígono industrial se poña en marcha. Un alcalde non debería deixarse levar polos seus caprichos. Lugo non o merece.


« Entradas anteriores