Xuntanza coas redactoras do Plan
15 Abril, 2008 Actos, Medio Rural Non hai comentarios| 15 Abril 15Europe/Berlin 2008 | ||
| 12:00 pm |
| 15 Abril 15Europe/Berlin 2008 | ||
| 12:00 pm |
Este fin de semana saÃa nun medio de comunicación unha comparación entre o novo goberno de Zapatero (por certo, que pouco temos avanzado en igualdade cando a gran nova é que hai máis ministras que ministros) e o que vai ter que montar Orozco cando se lle marche Liñares para a Confederación Hidrográfica do Miño con sede en Ourense. Falan de que vai ter difÃcil facer cambios, do pouco perfil polÃtico dos que quedan e sobre todo de quen vai asumir a xestión do urbanismo. A verdade é que non sei por que están tan preocupados. Para facelo como o fixeron primeiro Besteiro (actual Presidente da Deputación) e agora Liñares non hai que ter nin moita capacidade polÃtica nin moitas ganas de traballar. Chega con facer oportunas declaracións aos medios de comunicación culpando aos demais de que o Plan Xeral non estea xa aprobado. Chega con dicir que os dereitos dos veciños non son os mesmos cos de Renfe. Chega con dicir que as alegacións aÃnda non se puideron contestar polas constantes modificacións introducidas pola oposición, etc. etc. Para facer asà as cousas poden poñer a calquera de Concelleiro/a de Urbanismo.
Galiza é a grande produtora de leite do Estado, e dentro de Galiza, Lugo está á cabeza. Vese ben nos datos feitos públicos hoxe nos xornais, onde podemos comprobar que somos os únicos que incrementamos a nosa produción mentres outras comunidades están a reducila. E aÃnda asà temos que seguir aturando que se pretenda facer un reparto da cota láctea igual entre todas as comunidades. Está claro que Galiza e Lugo precisan maiores cotas de produción. Somos os únicos con vocación de futuro e permanencia dentro da produción láctea do Estado. Quen non queira velo asà só pode ter detrás intereses económicos, sociais e polÃticos contrarios aos do noso paÃs.