28 Abril, 2009
Nova ponte
Non hai comentarios
O Portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, solicitou unha copia do proxecto da nova ponte sobre o río xa fai máis de 3 meses e a día de hoxe seguimos sen ter ningunha resposta. Para que os cidadáns poidan facerse unha composición exacta de como vai quedar e a que terreos vai afectar a copia dese proxecto é unha necesidade. Resulta curioso que sendo o novo Ministro de Fomento e o alcalde de Lugo tan amigos non haxa xa unha copia no concello a disposición dos grupos políticos e dos veciños que queiran consultala.
Que haxa tanto escurantismo sobre este tema non é nada bon para Lugo. Esta obra, como a das costas do parque, conta cun amplo rexeitamento social no que á afectación sobre o parque Marcos Cela se refire, polo que o concello debe insistir na necesidade de preservar esta zona verde. Agora ademais non hai escusa posíbel, pois á parte de haber relación partidaria polo medio, seica tamén a hai de amizade, con liña directa diaria entre as partes.
4 Febreiro, 2009
Nova ponte
3 Comentarios
Onte veu a Ministra de Fomento presentar o proxecto da nova ponte sobre o Miño. Xa sabedes de que ponte estamos falando, desa que xa tiña que levar feita 4 anos e que sigue sendo virtual.
Onte viñéronnos contar que vai estar feita en 30 meses (case 3 anos!!!) e que o enlace coa avenida de Magoi que se apraza de momento porque se vai facer con outro proxecto. A conclusión que saco eu de todo isto é que de momento non hai ponte e que cando a haxa vai desfacer o parque de Marcos Cela. Pero claro, vir unha Ministra a Lugo dicir iso antes dunhas eleccións non queda nada ben, e incluso pode cabrear a máis de un e de dous, e claro, agora non convén.
24 Novembro, 2008
Nova ponte
Non hai comentarios

Hoxe volveu a Lugo Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso dos deputados. Deu conta das negociacións mantidas co PSOE para os orzamentos do Estado para 2009, das que xa falei algunha vez o mes pasado. Finalmente logramos 125 millóns de euros máis para Galiza, parte deles para Lugo (por exemplo, 1,5 millóns para a nova Ponte en Lugo).
Pero do que vos quero falar hoxe é da foto na prensa desta fin de semana na que aparece Orozco falando con Zapatero. Na información que se inclúe afírmase que Zapatero lle dixo a Orozco que estaba “enriba do tema da nova ponte”. Polo visto, Orozco debeu ir a Madrid co seu propio fotografo para obter esa foto. Non fai falla que o diga eu, nótase perfectamente que está “buscada”.
Deben pensar que os lucenses somos parvos ou senón non se entende. Non se entende que pretendan que creamos que realmente esa conversa existíu neses termos. Resulta lamentábel ver a un alcalde adoptando tal posición de sumisión ante alguén do seu propio partido. Así lle vai a Lugo cun alcalde que só lle esixe aos dos demais partidos e nada aos do seu. Que non nos vendan máis fume e que fagan a ponte dunha vez, e que respeten o parque Marcos Cela.

2 Outubro, 2008
Nova ponte
Non hai comentarios
Seguimos ás voltas coa ponte. Hoxe os medios publican que o Ministerio de Fomento promete licitar a ponte a comezos do ano que vén… Promesa repetida e incumprida en numerosas ocasións. Se a ponte tiña que estar rematada neste ano e aínda non se empezou, a verdade é que xa non podemos crer nada.
Semella que para Lugo as obras nunca dan pasado da fase de estudo (Fomento adxudicou o estudo da nova Ponte en febreiro de 2006), e en ocasións non chegan nin a esa fase.
Non me estraña que os cidadáns estean cansos de que lles prometan sempre o mesmo e que nunca se faga nada.
1 Outubro, 2008
Nova ponte, Política Estatal
Non hai comentarios
Cadro dos Orzamentos do Estado: 151.000 € para a Nova Ponte de Lugo

Unha cifra: 151.000 €. Esta é a consignación orzamentaria que ten a nova ponte de Lugo nos orzamentos do Estado para o ano que vén. Claro que os 5 millóns de € que tiña para este ano seguen sen gastar. Pero que máis tén, Orozco está feliz e contento e con iso todo solucionado! Que non hai ponte? Non pasa nada, o goberno do PSOE felicítase igual. Que a autovía a Santiago non vai estar rematada antes de 2015? Que máis tén, igualmente o goberno de Orozco segue contento. Que do noso ferrocarril o goberno de Madrid nin fala? Que pasa, Orozco segue sendo un home satisfeito.
Supoño que estará moi agradecido porque os investimentos do Estado fanse públicos coincidindo co San Froilán e agardará que os lucenses non se decaten de nada durante estas festas. Pero a realidade é moi obstinada, e despois do día 12 de outubro a cidade recupera outra vez a súa marcha e teno que facer sen ponte, sen autovías, sen ferrocarril…
2 Maio, 2008
Actos, Nova ponte, PSOE
Non hai comentarios
| 5 Maio 05Europe/Berlin 2008 |
| 5:00 pm |
Pleno ordinario 5 de maio de 2008
Orde do día
l/50 APROBACIÓN DA ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO EXCMO. CONCELLO PLENO, CELEBRADA O DÍA 7 DE ABRIL DE 2008.
A) PARTE RESOLUTIVA
URBANISMO
2/51 MODIFICACIÓN DO PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR DAS UNIDADES DE ACTUACIÓN NORTE-I E NORTE-2 (GARABOLOS) DO PXOU VIXENTE, PROMOVIDO POLO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DA CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO DA XUNT A DE GALICIA: APROBACIÓN DEFINITIVA.
INTERVENCIÓN
3/52 PROPOSTA DA TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE ECONOMÍA E EMPREGO, SOBRE “DElXAR SEN EFECTO Ó PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO DO ANO 2006″.
PROPOSTAS DA ALCALDÍA
4/53 PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE A ASIGNACIÓN DE NOME A NOVAS RÚAS DA CIDADE.
5/54 PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE O ESTABLECEMENTO DO RÉXIME RETRIBUTIVO PARA O ÓRGANO DIRECTIVO MUNICIPAL DE XEFATURA DA ASESORÍA XURÍDICA.
PROPOSICIÓNS
6/55 PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, NÚMERO 47 DE REXISTRO DE PLENO, NA QUE SOLICITAN A EMISIÓN PÚBLICA DOS PLENOS A TRAVÉS DA WEB MUNICIPAL.
7/56 PROPOSICiÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, NÚMERO 67 DE REXISTRO DE PLENO, QUE SUBSTITÚE Á PRESENTADA CO NÚMERO 48 DO DITO REXISTRO, NA QUE SOLICITA QUE SE POSIBILITE O ACCESO DOS CIDADÁNS Á VIDA MUNICIPAL A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.
8/57 PROPOSICiÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, NÚMERO 49 DE REXISTRO DE PLENO, RELATIVA Á FALTA DE CUMPRlMENTO POLO GOBERNO DOS ACORDOS PLENARIOS.
9/58 PROPOSICiÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, NÚMERO 68 DE REXISTRO DE PLENO, QUE SUBSTITÚE Á PRESENTADA CON NÚMERO 55 DO DITO REXISTRO, RELATIVA Ó DECRETO DAS NORMAS DO HÁBlTAT GALEGO APROBADO POLO CON SELLO DA XUNTA DE GALICIA.
10/59 PROPOSICiÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, NÚMERO 58 DE REXISTRO DE PLENO, SOBRE O COMERCIO POLO MIÚDO TRADICIONAL DA NOSA CIDADE.
11/60 PROPOSICiÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA, NÚMERO 63 DE REXISTRO DE PLENO, RELA TIV A Ó DECRETO DAS NORMAS DO HÁBITAT GALEGO APROBADO POLO CONSELLO DA XUNTA DE GALlCIA.
B) PARTE DE INFORMACIÓN, IMPULSO E CONTROL
ACTAS E GOBERNO
12/61 DACIÓN DE CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E OS SEUS DELEGADOS DENDE A CELEBRACiÓN DO PLENO ORDINARIO DO DÍA 7 DE ABRIL DE 2008, QUE OBRAN NO SERVIZO DE ACTAS E GOBERNO, RECOLLIDOS NOS CORRESPONDENTES LIBROS DE RESOLUCIÓNS.
INTERVENCIÓN
13/62 DACIÓN DE CONTA DA MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 1, MEDIANTE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO POR IMPORTE DE 20.337,12 EUROS, DO ORZAMENTO XERAL DE 2008.
14/63 DACIÓN DE CONTA DA MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 2, MEDIANTE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO POR IMPORTE DE 55.546,44 EUROS, DO ORZAMENTO XERAL DE 2008.
15/64 DACIÓN DE CONTA DA LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO DA PROPIA CORPORACIÓN DE 2007, ASÍ COMO DA INFORMACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO A 31-12-2007.
COMPARECENCIAS
16/65 COMPARECENCIA EN PLENO DA TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE MULLER E BENESTAR SOCIAL, ACORDADA NA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 7 DE ABRIL DE 2008.
ROGOS E PREGUNTAS
ROGOS:
A) DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, NÚMERO 50 DE REXISTRO DO PLENO, SOBRE A REALIZACIÓN DE OBRAS NA RÚA SAN XILLAO.
B) DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, NÚMERO 54 DE REXISTRO DO PLENO, PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS NA PARROQUIA DE BENADE.
C) DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, NÚMERO 59 DE REXISTRO DO PLENO, SOBRE A CONVOCATORIA DUNHA REUNIÓN COS REPRESENTANTES DO MOVEMENTO VECIÑAL E OS GRUPOS MUNICIPAIS ANTES DO 10 DE MAlO DESTE ANO.
D) DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, NÚMERO 60 DE REXISTRO DO PLENO, PARA SOLICITAR DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL A LICITACIÓN DA ESTRADA BURGO-VILAMAIOR DE NEGRALPALAS DE REi.
E) DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, NÚMERO 64 DE REXISTRO DO PLENO, RELATIVO Á TRAMITACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE LUGO.
PREGUNTAS:
A) DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, NÚMERO 61 DE REXISTRO DO PLENO, SOBRE OS ESPAZOS DE TRABALLO DOS GRUPOS MUNICIPAIS NA CASA CONSISTORIAL.
B) DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR, NÚMERO 65 DE REXISTRO DO PLENO, SOBRE A CAPACIDADE DO NOVO AUDITORIO DE LUGO ANUNCIADA POLA XUNTA DE GALlCIA.
24 Abril, 2008
Nova ponte
Non hai comentarios
Hoxe toca falar da ponte sobre o río Miño. Onte saíu publicado no BOE a aprobación definitiva do Estudo informativo para a súa redacción, e ponse como condición que se estuden alternativas de trazado distintas á prevista na opción 2 que é a que atravesa o parque Marcos Cela. Agardamos que o Goberno municipal de Orozco lle transmitise ao Ministerio de Fomento o acordo plenario que demandaba un novo trazado para o enlace da ponte coa cidade e o desacougo veciñal polo trazado inicial elexido. Como non confiamos no alcalde, nós imos presentar unha nova iniciativa no Congreso para dar a coñecer o acordo municipal en Madrid.