30 Outubro, 2008
Política Estatal
4 Comentarios
Hoxe o senador do BNG, o compañeiro Bouza, leva ao Senado unha iniciativa na que reclama outra vez que en Lugo, Ourense e Ferrol se creen xulgados específicos de violencia de xénero. É este un tema, o da violencia de xénero, do que se fala e se escribe arreo, constantemente, en todos os medios e en todos os sectores. Mágoa que á hora da verdade, cando toca aplicar medidas concretas, cando toca destinar fondos ao seu combate e erradicación, non se faga. E sempre nos toca perder aos de sempre, aos do interior, aos que menos temos. Pero como creo que lamentándonos non solucionamos nada, no BNG optamos por actuar e por iso volvemos presentar esta iniciativa, porque sabemos da importancia de insistirlles a aqueles que teñen a responsabilidade de crear estes xulgados.
A batalla que libramos as mulleres pola igualdade está lonxe de rematar. Eu son das que penso que nos queda moito camiño por andar. Non chega con dictar leis se despois non se cumpren, se despois se ignoran ou non se destinan cartos a súa aplicación. Aínda teñen que mudar moitas cousas…
[O Senado aproba unha moción do BNG instando ao Goberno a crear xulgados de violencia de xénero en Lugo, Ourense e Ferrol ..]
20 Outubro, 2008
Política Estatal
Non hai comentarios
Finalmente e despois dunha dura negociación o BNG vai apoiar os orzamentos do Estado. E ímolos apoiar a cambio de cousas concretas. E esas cousas concretas non é só que supoñan un incremento dos cartos que se destinan a Galiza, senón acordos políticos que nos van permitir actuar como País e incrementar as nosas competencias e a nosa capacidade de decisión.
Porque de capacidade de decisión é do que estamos faltos, faltos como país e faltos como goberno. O PSOE está moi cómodo nesta situación. A fin de contas son un partido estatal que non considera a Galiza unha nación e polo tanto pensa que o noso autogoberno é suficiente. Pero no BNG non estamos satisfeitos, e por iso nas negociacións antepoñemos estes aspectos a outros que poden ser moi apetecíbeis pero menos prácticos.
1 Outubro, 2008
Nova ponte, Política Estatal
Non hai comentarios
Cadro dos Orzamentos do Estado: 151.000 € para a Nova Ponte de Lugo

Unha cifra: 151.000 €. Esta é a consignación orzamentaria que ten a nova ponte de Lugo nos orzamentos do Estado para o ano que vén. Claro que os 5 millóns de € que tiña para este ano seguen sen gastar. Pero que máis tén, Orozco está feliz e contento e con iso todo solucionado! Que non hai ponte? Non pasa nada, o goberno do PSOE felicítase igual. Que a autovía a Santiago non vai estar rematada antes de 2015? Que máis tén, igualmente o goberno de Orozco segue contento. Que do noso ferrocarril o goberno de Madrid nin fala? Que pasa, Orozco segue sendo un home satisfeito.
Supoño que estará moi agradecido porque os investimentos do Estado fanse públicos coincidindo co San Froilán e agardará que os lucenses non se decaten de nada durante estas festas. Pero a realidade é moi obstinada, e despois do día 12 de outubro a cidade recupera outra vez a súa marcha e teno que facer sen ponte, sen autovías, sen ferrocarril…
29 Setembro, 2008
Política Estatal
Non hai comentarios
Esta fin de semana o Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana e o Portavoz no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, indicaron que de non haber modificacións nos orzamentos do Estado, o BNG non os vai apoiar.
Non podemos prestarlle o noso apoio a unhas contas que non garantizan o investimento no noso País, pois aínda que se manteña ese 8% comprometido, se o montante total dos orzamentos baixa, tamén baixa esa porcentaxe. Por iso xa aclaramos que a achega a Galiza en infraestruturas ten que ser do 8% do total do orzamento e que a cantidade final non pode ser inferior á deste ano. Queremos máis investimento en aspectos de política social para que non haxa rebaixas na posta en marcha da atención á dependencia, que nos permita desenvolver o Servizo Galego de Benestar. E queremos que se poña en marcha a comisión de seguimento das obras do AVE. Non nos vale con que estén presentes Touriño e Magdalena a fantástica. Non é que desconfiemos, pero…
O BNG considera “un erro” que o PSOE leve ao Consello de Ministros os Orzamentos 2009 “sen ter asegurado os apoios parlamentares”
O BNG urxe ao Goberno a que marque coas CC.AA. todos os detalles da Lei de Dependencia
30 Xullo, 2008
Infraestruturas, Política Estatal
2 Comentarios

Onte estiven na Fonsagrada. Imos prensentar unha iniciativa no Cogreso dos deputados demandando a retirada do Estudo de Impacto Ambiental da liña de alta tensión Boimente (Viveiro)-Pesoz (Oscos). Esta liña atravesa toda a cornisa marítima da provincia de Lugo e introdúcese en Asturias a través do concello da Fonsagrada.
Na Fonsagrada atravesa por unha das zonas de maior riqueza económica, social e paisaxística do Concello, a que limita cos Oscos, con elevado potencial turísitico que comeza a explotarse.
No BNG queremos que se retire ese Estudo de Impacto Ambiental por pouco adecuado, pois das diversas opcións de trazado só estuda a que lle interesa ao Ministerio e a Rede Eléctrica Española, negando incluso que lle afecta a 22 núcleos de poboación da Pontenova e da Fonsagrada.
Evacuar a enerxía producida nos parques eólicos é moi importante, pero preservar unha das mellores zonas da Fonsagrada, tamén. E poden facerse as dúas cousas, só tén que haber vontade pólítica.
21 Xullo, 2008
Política Estatal
Non hai comentarios
Esta semana vaise seguir falando moito de financiamento. Vannos seguir acusando aos nacionalistas de ser insolidarios e pedichóns. Xa o facían antes cos cataláns e vascos e agora tamén con nós.
Desde logo no BNG temos moi claro que non imos aceptar sen máis a proposta do Ministro Solbes, e o PSOE galego se ten dignidade tampouco pode facelo. Non pode facelo porque non se teñen en conta factores determinantes para este país como son a dispersión e o avellentamento da poboación. Que nos veñan dicir que é o mesmo prestar servizos en Lugo que en Sevilla o que fai é provocarnos un profundo cabreo. Fainos pensar que, coma sempre, en Madrid esperan que este goberno, do que forma parte o nacionalismo, siga calado e non é así. Pasaron os tempos da procesión dos caladiños. Galiza reclama o que lle corresponde e non precisa da “caridade” de ninguén para sair adiante. Somos capaces de vivir do que producimos e estámolo demostrando cada día.
18 Xullo, 2008
Política Estatal
Non hai comentarios
Esta semana falouse moito de crise, de Fadesa e tamén das balanzas fiscais. O BNG leva anos e anos denunciando que a información que sempre nos dan os partidos estatais sobre o que achega Galiza ao Estado e o que recibe del está falseada. Está falseada porque está claro que se as grandes empresas que expolian os nosos recursos naturais pagasen aquí os seus impostos o resultado sería moi diferente. Falamos claro está das electricas, de ALCOA, de Citroën,…
O Estado recada en Galiza por distintos conceptos tributairos 11.000 millóns de euros ao ano e só nos transfire 7.000 millóns. Polo tanto esa mensaxe de que somos un país subsidiado, de que dependemos de Madrid para poder sobrevivir é totalmente falsa.
É falsa pero moi útil para os dous partidos estatais. Tanto PP como PSOE enchen a boca falando de solidariedade pero en ningún caso din que, por exemplo Madrid ten unha balanza fiscal e incluso superávit grazas aos impostos dos galegos e grazas aos nosos recursos naturais. Ou é que Madrid produce electricidade? Porque se o pensamos ben, que é o que produce Madrid?
A verdade é que este é un tema realmente interesante e do que seguramente volverei a escribir no futuro. Xa o dixen durante a campaña das Eleccións Xerais, e díxeno porque o penso: queremos que as empresas radicadas en Galiza coticen aquí, que paguen aquí os seus impostos para que Esperanza Aguirre non poida seguir presumindo de superávit fiscal á conta dos impostos dos galegos.
14 Xullo, 2008
Política Estatal
Non hai comentarios
Por fin se creou a Confederación Hidrográfica do Miño (CHM), unha das grandes demandas do BNG desde que temos representación no Congreso e no Senado. Creouse por fin e o seu primeiro presidente é un home ben coñecido en Lugo, Francisco Fernández Liñares. Hoxe sae unha entrevista del no Progreso onde non deixa quedar moi ben aos seus compañeiros de goberno. Eu teño moi claro que a nova CHM ten por diante moito traballo e moi importante. A intención do Estado de seguir autorizando encoros nos nosos ríos, a rebaixa dos impostos que as eléctricas lle pagan aos concellos por eses mesmos encoros, o saneamento integral das nosas concas (non chega con facer paseos á beira dos ríos)… son temas sobre os que imos ter que estar continuamente. Liñares vai ter traballo e agardo que o faga en clave de país e non só en clave PSOE.

3 Xullo, 2008
Política Estatal, Política municipal
Non hai comentarios
Esta mañá perticipei nunha tertulia económica en Onda Cero. Estiven cun concelleiro do PP e co Secretario Comarcal de CC.OO Todos coincidíamos na análise da situación chamándolle polo seu nome, crise. Esta crise que sobre todo lle afecta aos que menos teñen, aos asalariados, aos labregos, aos autónomos, aos pensionistas,…
Desde logo non vou ser eu quen empregue eufemismos para falar da súa situación. Non vou facer eu o que fai Zapatero, agachar a cabeza e ocultarse detrás das palabras. Onte, no Congreso, o BNG, a través de Francisco Jorquera deixoulle moi claro que é o que ten que facer e tamén que é o que nós nunca imos aceptar. Non imos aceptar un recorte das pensións nin dos salarios, non imos aceptar un recorte do investimento en infraestruturas para o noso país e non imos aceptar un recorte no financiamento autonómico.
Cando falan de déficit cero xa sabemos que temos que botarnos a tremer porque déficit cero significa recortes sociais e nunca baixada de prezos e do IPC. Os traballadores e as traballadoras non poden ser os que volvan pagar a crise perdendo aínda máis poder adquisitivo. Se xa case non damos chegado a fin de mes, que vai pasar en setembro?
24 Xuño, 2008
Política Estatal
Non hai comentarios
Anda Quintana negociando transferencias pendentes por Madrid. Onte logrou varias transferencias necesarias para este país, para avanzar no noso autogoberno e para mellorar as condicións de vida de galegos e galegas. E coma sempre no Estado poñen trabas. Que se as cousas son difíciles, que se hai temas en conflito, que se non están dacordo nalgúns asuntos…Escusas dun goberno central que non quere que Galiza teña o que lle corresponde.
Estamos ante unha situación de crise económica que lle afecta a todos os cidadáns. En Lugo de maneira directa a moitas e moitas persoas. Ter máis competencias vainos permitir actuar con iniciativa propia, cando outros tomen decisións contrarias aos nosos intereses, como pode ser, por exemplo, a eliminación da tarifa eléctrica nocturna ou a suba da luz nun 11%.
« Entradas anteriores