Quen son

Nacín en Meira en Xaneiro de 1971, no seo dunha familia numerosa; na actualidade vivo na cidade de Lugo da que son veciña desde fai 15 anos.

Estudei na laboral en Vigo os estudos de Bacharelato e diplomeime posteriormente na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo na Enxeñería Técnica de Explotacións Forestais, época na que participei activamente no movemento estudantil formando parte dos Comités Abertos de Facultade, fun membro da Xunta de Escola da EPS e da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela en representación dos CAF.

Na miña etapa de bacharelato, participei na fundación de Galiza Nova, aló polo ano 1988 e formei parte da súa Dirección Nacional. Ao volver para Lugo o meu vínculo co BNG aumentou e asumín a responsabilidade local de Lugo, entrando a formar parte do Consello Comarcal e da Executiva Comarcal.

No ano 2007 os meus compañeiros e compañeiras decidiron que formase parte da candidatura do BNG ao Concello de Lugo, tralas eleccións e a nova estrutura da corporación municipal asumín dentro do grupo municipal nacionalista a responsabilidade das Áreas de Urbanismo, Medio Ambiente e Infraestruturas.

UN REPASO FOTOGRÁFICO POLA MIÑA VIDA:



14 Comentarios

  1. Gustavo Di:

    En que traballas? Creo que os candidatos deberíades falar do voso curriculum laboral e non tanto do curriculum partidista. Non serás como o Bieito, Jorquera, Ana Pontón e demáis da UPG, que non tiveron nunca un traballo áparte da nómina do Bloque?

  2. daniel Di:

    sei que pode parceer que é por face-la pelota pero téñote que felicitar pola túa intervenció hai cousa dun mes no debate sobre o aborto na tvg. ao redor deste tema hai mitísima hipocresía máis cómpre que sexa tratada de xeito dirtecto, sen trabas e con rigor. ánimo.

  3. Carlos Di:

    En que traballas? e a ti que che importa. Acaso hai traballos de primeira e de segunda e traballar para o BNG é menos que traballar nunha empresa calquera?

  4. Xavier Di:

    Concordo 100% com admin.

    É que trabalhar no BNG por Galiza não é um trabalho suficientemente digno?

    Que classe de gente valoriza as pessoas em função do trabalho? Cada trabalho tem uma importância infinita se realizado com dedicação, respeito e rigor, e a candidata Paz Abraira dá mostras reiteradas disso.

    Parabéns polo caderno, Paz. Parabéns polo magnífico trabalho. Comoveu-me escutar-te na Convenção Nacional do BNG em Compostela. Muito. É uma grande satisfacção contar com gente no BNG como tu. Adiante as mulheres do BNG! Adiante o projecto do BNG! Adiante a Galiza livre que desejamos e pola que trabalhamos!

  5. OS ABRAIRA DE MIÑO Di:

    Ben Paz desta vez vai ser e non temos ningunha dubida de que Lugo finalmente acadara representación en Madrid para que na “capital” se sinta a voz dos de Lugo a traveso de paz abraira de Meira de onde nace o miño, sorte

  6. roberto Di:

    pois eu penso que se colles unha lancha na Guarda e remas pra riba (contamos que non hai embalses) acabas embarrancado en Fonmiñá da Pastoriza, por tanto o Miño nace en A Pastoriza. E o BNG podía dedicarde a buscar oportunidades para a xoventude e non facer tanta comerota para os maiores que parecen os do PP

  7. blog bng meira Di:

    Todo o noso apoio dende
    o blog do bng de Meira

  8. OSCAR Di:

    onte deixei un comentario demostrando que o río Miño non nace en Meira. Preguntei se o BNG vai facer algo pola xuventude e hoxe non aparece ese comentario. E tan dialogante o BNG que non admite críticas que poden facerlles reflexionar sobre temas que non teñen nada claros??

  9. jorge suarez lopez Di:

    Paz xa que estudaches na politecnica eu tamen estudio actuamelte.A ver se vos preocupades ti e mailo BNG agora que estades no poder polas taxas das matriculas que son nestes ultimos anos elitistas e so para a xente de alto poder adquisitivo.Por favor non deixedes que a universidade publica se convirta en privada como se esta a facer.

  10. Xavier Di:

    Óscar, antes de dizeres cousas assim pensa que pode haver erros informáticos de todo tipo. A mim também me passou algo como o que dizes (escrevi um comentário e enviei e não apareceu o meu comentário) em mais de uma ocasião, e dizia maravilhas da companheira Paz. (Imagino que não se censuram os elogios, hehe.)

    Por isso, não penses que o BNG não admite críticas. De facto, estamos acostumad@s às críticas. Chegam-nos de toda a parte. Mas temos muita paciência, como galeg@s que somos, e seguimos sempre em frente e trabalhando, sem nos importarmos polo que digam.

    Para o que perguntas, lembra que podes ler o programa eleitoral, onde encontrarás abundante informação:
    http://webvella.bng-galiza.org/futuretense_cs/Archivo/Programa%20electoral%20BNG%20-%20Xerais%202008.pdf

  11. Aitor Di:

    Moi galego non debe ser o autor deste último comentario, pois dende a miña humilde opinión non sei se se trata do emprego de hiperenxebrismos ou ben escrive dun xeito estrafalario para suliña-lo seu apego por Portugal. Sen ánimo de ofensa. Ánimo Paz, estás facendo un bo traballo.

  12. cm Di:

    Ânimo, Paz! Lugo nom poderia estar melhor representado. O meu voto já o tens, sem dúvida.

  13. Galego's Di:

    Vamos Paz ti podes! e nos axudaremosche no teu camiño cara Madrid. Galiza esttá orgullosa de ti!!!
    bicos dende Antas de ulla

  14. Esther Di:

    Ola Paz; Levei unha grata sorpresa ao dar con estas fotos túas e da túa familia. Ogallá che vaia ben e ogallá ao BNG lle vaia ben da túa man.
    Saúdos

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.