|
24
Xun 2009 |
Mal de amores en Culleredo
Estes días asistimos na prensa local a un espectáculo que lembra a mellor das telenovelas onde os desamores e os reproches fian un argumento interminable que case ninguén lembra como comezou, o “desamor” de Rioboo. Todo comezou uns meses antes das municipais do 2003, cando o que por aquel entón era voceiro do BNG decide abandonar a nosa formación por non encabezar a lista. Meses despois anuncia que participará nos comicios municipais na candidatura socialista ocupando o posto número 5. Por aquel entón, o Director da Radio Local, Jose Ramón Rioboo aspiraba a ocupar ese posto de saída para ir rodándose na posible sucesión do Alcalde, pero, cousas do querer, o exnacionalista rouballe o posto. Este feito dará comezo a telenovela que vivimos hoxe. Nas municipais do 2007, Rioboo crea unha agrupación política xunto con algún exconcelleiro socialista e rendabiliza o desencanto municipal. Todo indica que non tivo a humildade suficiente para administrar con mesura o éxito e comeza, con pouco tino dende o meu ponto de vista, o asalto ao poder pola porta de atrás. Primeiro dixo que non pactaba co Psoe, mentre suplicaba as agachadas que pactara coa sua formación. Finalmente, cando o pacto entre o PSOE e o BNG en Culleredo foi unha realidade, e observaba que a sua oportunidade de ser Alcalde definitivamente esfumábase intensificou as suas xuntas, reunións, notas de prensa autopróclamándose alcalde, até chegar ao ponto que estamos hoxe. Coido, que pouco o nada de interese ten para a xente este espéctaculo, máis que calquera outra nova que podemos ler na coñecida como prensa rosa. Os membros da corporación, independentemente de estar no goberno ou na oposición temos unhas obrigas: preparar os Plenos, estudar a documentación, atender aos veciños e ofrecer solucións, obrigas que por certo este Concelleiro non está a cumplir a pesar de ingresar cada mes algo máis de 1.000€ . O Alcalde, en condición normais, é electo unha vez cada catro anos, outras maniobras, como a acontecida en Abegondo recentemente, son para min, profundamente antidemocráticas, e nos, os homes e mulleres que traballamos en política, temos a obriga de adicarnos a mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, non a buscar beneficios personais. Agardo que os capítulos de esta “telenovela” cheguen ao seu fin e todas e todas, incluidos os protagonistas do “romance” sumen esforzos para levar adiante o proxecto polo que todas e todos deberiamos estar na Corporación: Culleredo Escrito por
raqueljabares
|
1 Comentario »
|
|
25
Mai 2009 |
Ampliación de Alvedro porque si.
Vimos de rematar un proceso onde a cidadanía contestou masivamente a un feito que durante moito tempo ocupou páxinas na prensa: a ampliación da pista de Alvedro. Este feito coincide no tempo con outro que avala a tese maioritaria da non ampliación: a concesión de subvencións a empresas privadas para que manteñan o servizo no aeroporto. Un aeródromo, que segun defenden algúns, é necesario e rendíbel, argumento contraditorio coa continua entrega de cheques en branco a modo de subvencións a prol do turismo para suplicar as compañías que fiquen en Alvedro. En tempos como os que están a correr, nos que a prioridade da clase traballadora e manter o seu posto de traballo e chegar a fin de mes, é cando menos pouco apropiado regalar tres millóns de euros de diñeiro público a empresas privadas que non teñen en conta aos veciños a hora de repartir beneficios, nen sequera cando cobran os seus billetes ou mesmo cando non cumplen horarios e perdemos enlaces ou estravían o noso equipaxe. Sustentabilidade, é a palabra que todo o mundo utiliza hoxe, mesmo aqueles que propoñen gastar 75 millóns de euros na ampliación dunha pista, sen saber moi ben para que, ou regalan a particulares diñeiro con unha ledicia desmesurada. Sustentabilidade dun capricho localista que resposta non sei moi ben a qué intereses, pero que co tempo, está a deixar ao descuberto a verdadeiras intencións dos valedores da ampliación. Eu creo firmemente na sustentabilidade dos proxectos, mais cando están a ser financiados con diñeiro público, por iso teño o firme convencimento, de que a pista de Alvedro non será ampliada. Ainda, despois de todas as opinións que levan verquido sobre este tema, non escoitei nengunha razón obxectiva que avale a execución da obra;o porque si, porque me peta, non vale cando é todo un povo o que pon os 75 millóns de euros. Din que creará emprego (emprego precario que é o que teñen as compañías no personal de terra), riqueza para a comarca (o tráfico da carga disminúe e o de pasaxeiros tamén), din que aterrarán avións máis grandes (xa poden aterrar agora pero case o 80% dos voos son a Madrid e a Barcelona polo que non hai demanda) e que farán menos ruido (os avións seguirán a facer o mesmo ruido 120 decibelios en moitos pontos). Eso é o que din, pero non din que desaparecerá un núcleo tradicional como o Curro, que aumentará a contaminación no ar, que chegarán os lodos das obras a Ría do Burgo estragando ainda máis os bancos marisqueiros, que aumentará a pegada sonora, que modificarán o clima na zona, que haberá veciños que acordarán cun talude de 50 metros onde antes tiñan árbores…..eso e moito máis non o din. Pero porque si, porque me peta, seguen a defender a ampliación da pista, sen aportar argumentos, conceden subvencións, e o máis grave, censuran a información para manipular ao seu antoxo a opinión pública. Ainda así, agardo que o “sentidiño” impere e os fondos previstos para esta obra, sexan investidos onde a xente o precisa, nas infraestucturas que Galiza precisa e que con tanto atraso leva prometido o Goberno español. Escrito por
raqueljabares
|
5 Comentarios »
|
|
30
Mar 2009 |
O aborto novamente a debate.
Estes días varias manifestacións percorren as rúas calificando case de asasinos a todos aqueles que defendemos unha lei de prazos de interrupción do embarazo acaída a realidade. Máis unha vez o debate distorsiónase de tal xeito que parece que o que estamos a decidir é se o aborto é legal ou non neste estado. Como xa sabedes ese dereito foi acadado (non sen esforzo) hai tempo grazas a pedagoxía e esforzo de moitas mulleres e tamén homes, que fixeron que as mozas que viñamos detrás tiveramos unha sociedade máis xusta. Hoxe falamos de ampliar supostos, supostos que de facto e previo pago (iso si) xa están a existir. Gostaría compartir con vos algunhas reflexións. O outro día escoitei na radio o caso dunha muller que xa tiña un fillo e agardaba con ilusión o segundo. Na primeira ecografía detectaron unha malformación que impediría ao bebé sobrevir máis que unhas horas, se finalmente chegaba a nacer. Evidentemente, e con moita dor, a nai decidiu abortar de inmediato. Esta muller tivo que agardar até o ultimo día do prazo permitido pola lei e facer a interrupción do seu embarazo nunha clínica privada; sabedes porque? non había nengún hospital na sua cidade disposto a facelo,a razón: obxeción de conciencia. Agora un dato máis sorprendente, sabedes cal era a cidade….. Madrid que conta con tres potentes hospitais. Con exemplos como este, custiónome a legalidade ou cando menos a moralidade da obxeción de conciencia. Cando un individuo libremente decide formar parte do sistema público de saúde, debería deixar ao marxe as súas convicións relixioso-éticas, pois debe prevalecer o dereito do paciente. E non sei que relixión permite prolongar o sufrimento dunha nai tanto tempo. Cando eu estaba embarazada, mentres agardaba polos resultados das probas que facemos todas as nais para ver o estado de saúde dos nosos bebés fíxenme a mesma pregunta que todas as nais fan:e sen ben mal? Eu tiña decidido seguir a diante, pero coa tranquilidade de que se tomaba outra opción tería garantes sanitarios suficientes (ainda que probablemente tería que pagar). Finalmente, como case sempre o bebé foi unha preciosa nena de ollos azuis forte como un carballo. Máis este exemplo personal, penso que demostra que as mulleres que defendemos unha mellora na lei de prazos, probablemente non a usaremos nunca; non teño tan claro que os que a critican mesmo con mala educación non “tiren” dela se for preciso(que lle pregunten a algúns pola lei do divorcio). Máis medidas para o control da natalidade, información sobre anticonceptivos na mocidade, centros afectivo-sexuais e moitas outras ferramentas son imprensicibeis nuhna sociedade como a nosa, máis tamén unha lei de prazos realista. Como dicían as pioneiras nisto: NOS PARIMOS; NOS DECIDIMOS, que así sexa. Escrito por
raqueljabares
|
1 Comentario »
|
|
5
Mar 2009 |
O Goberno que deroga.
Amigos e amigas, cada mañá, dende que o PP gañou as eleicións acordo abraida e mesmo con medo aos novos disparates e anaquilacións dos seus representantes. Aínda non fixeron nen unha soa proposta, un proxecto, unha idea, o seu único propósito é a destrucción de todo o que teña a ver co anterior goberno, a política da derogación. Primeiro van vender o coche do presidente, e eu digo, quen o vai mercar? xa que o novo presidente quere un coche feito en Vigo, máis como a Berlingo e moi de obreiro e a Picaso pouco ostentosa, onde dixen digo digo diego e compro un francés, que por outra banda xa o estaba a utilizar por cortesía de Citroen-Vigo nestes ultimos tres anos. Despois di que vai derogar o decreto da normalización lingüísta, algo fundamental para mellorar a rutina diaria da cidadanía neste momentos de crise, o argumeto: non se pode impoñer o 50% das clases en galego, todo o mundo ten dereito a falar en español. E eu pregunto, e os que falamos galego? non protestamos por que impoñan o 50% en español. Tamén vai derogar o decreto éolico, ou iso di, ainda que eu máis ben penso que repartirá algo cos amigotes, como Fenosa, que tan ben trata a nosa xente. As Galescolas fora, máis con matices, cambia o nome , fora mandilóns (que por certo eran de balde para os pequenos, xunto coa mochila) e que falen español, máis de seguro que vemos estes anos a Feijoo inaugurar as agora “gallescuela” que tiña construido o anterior goberno. Hoxe anuncia que pecha o Consorcio, que vai pasar cos centos de postos de traballo deste organismo? cos compromisos dos centos de Concellos que ten o Consorcio (moitos deles tamñen do PP)? en definitiva, que vai pasar con este País. Todo o mundo coincide que unha eiva do bipartito foi que tiña dous gobernos, agora Galiza terá un só goberno, máis outra cousa é que goberne, xa que a súa prioridade será sen dúbiba aniquilar os grandes logros do nacionalismo, aínda que iso supoña aminorar sensiblemete o benestar da xente. Escrito por
raqueljabares
|
Sen Comentarios »
|
|
2
Mar 2009 |
Resultados electorais
Tras a resaca electoral, e despois dos múltiples comentarios escoitados hoxe quero compartir con vos algunhas reflexións. Primeiro, e como non pode ser doutro xeito, agradezo o esforzo de todas as compañeiras e compañeiros do BNG que traballaron a reo por afortalar o nacionalismo en Culleredo. Foron moitos momentos de repartos, de esforzos, e tamén houbo tempo para as risas e a ilusión, non debemos perder a perspectiva de que o noso proxecto nacionalista precisa do noso esforzo agora máis que nunca, así que moito ánimo!!!! En segundo lugar grazas aos 2.368 veciños e veciñas de Culleredo que apoiaron ao BNG nestes comicios, pois foron o noso alento para seguir a traballar ainda con máis forza e ilusión, con responsabilidade e “sentidiño”, para mellorar o noso Concello e facer un País mellor. Máis tamén quero agradecer a todos os veciños e veciñas que con chuva, fútbol e de seguro que algo de preguiza, fixeron o esforzo de achegarse ao Colexio Electoral e exercer o seu dereito ao voto, grazas aos 14.108 cullerdenses que falaron nas furnas. Como supoño imaxinades non estou satisfeita cos resultados, penso que o BNG representa o mellor proxecto político para Galiza,a máis apegada a realidade, a xente, as necesidades do noso territorio. O goberno nacionalista na Xunta foi transformador, conseguiu dar un pulo importante ao noso País, máis non tivemos tempo a ter a perspectiva suficiente para poder aprecialo. O BNG na Xunta foi para Culleredo tamén fundamental, mirade as duas novas galescolas, o centro de día, a peonización de Hersa e Sanjurjo de Carricarte, a nova rede semafórica de baixo consumo e tantas outras cousas que xa coñecedes. Máis está ben claro que algo fixemos mal, e agora compre reflexionar, definir os erros e sobre todo correxilos, farémolo, pois así o demanda a cidadanía. E no Concello seguiremos a traballar aínda con máis forza, agudizando o enxeño, e contado, como sempre, con vos, cos veciños e veciñas. Hoxe comeza unha nova etapa no noso País, e tamén no noso Concello o BNG estará sempre a frente das vosas demandas, aportando solucións e facendo de Galiza un País mellor. Escrito por
raqueljabares
|
Sen Comentarios »
|
|
3
Feb 2009 |
Os meus compañeiros enxeñeiros aeronauticos
Estes días asisto abraida ante as numerosas opinións sobre o Aeroporto que albisco dende a miña xanela. Opinión de veciños da Coruña e mesmo de veciños de Culleredo como Mar Barcón. Todos e todas falan, opinan e mesmo chegan a faltar ao respecto dos que non opinamos como eles. É certo que os que traballamos en política non temos que saber de todo, máis se temos a obriga de documentarnos para opininar sobre un tema. Lembro cando fai tres anos propuxen no meu Concello traballar na liña de que Alvedro puidera ser Aeroporto Urbano, sabedes cal foi a resposta? “Neniña eso non existe, máis urbano que o de Londres non o hai”. Mesmo algún cargo político desta Comarca con estudos aeronáuticos aseverou publicamente que non existía tal catalogación , refírome ao Delegado do Goberno que polo que di non mira o BOE dende o ano 2003. Ler o resto desta entrada » Escrito por
raqueljabares
|
12 Comentarios »
|
|
26
Xan 2009 |
Cometarios ao Aeroporto Urbano
En primeiro lugar quero agradecer a todas e todas os que participades no blogue coas vosas aportacións. Paréceme de xustiza contestar a algún dos que opinades entre outras cousas porque así o solicitan.
|
|
25
Xan 2009 |
A nave de Acea da Ma
Onte unha familia comezaba o día vendo como o que foi o seu fogar durante moitos anos era esnaquizado por unha pala. As bágoas e as lembranzas de toda unha vida, mixturábanse coa ilusión dunha nova etapa. Non puideron permanecer alí moito tempo, preferiron marchar, xa que ainda que eran conscientes do estado da nave que habitaban, non deixaba de ser o seu fogar. Hoxe vexo na prensa titulares que falan da erradicación do chabolismo, de sanear un terreo, comentarios cando menos fríos, esquecendo que durante máis de duas décadas, unha familia habitou un inmueble en condicións infrahumanas. Penso que todas e todos teriamos algo de responsabilidade, todas e todos fomos cómplices de tolerar unha infravivenda no centro urbano do noso Concello. Ler o resto desta entrada » Escrito por
raqueljabares
|
Sen Comentarios »
|
|
13
Xan 2009 |
O aeroporto de Culleredo e o Estatuto de Nación
Hoxe asistimos novamente a unha polémica sobre o aeroporto de Alvedro. Probablemente toda a semana continúe este debate estéril no que todos propoñen e ninguén dispón. Así que eu quero aproveitar este espazo para compartir con vos a miña visión do tema. Os argumentos empleados para defender unha e outra postura son cando menos baladís, que se defender aos veciños, que se motor económico, que se eu son de Vigo… A realidade é que eu nacín en Redondela, unha fermosa vila coñecida entre outras cousas polos riquísimos chocos e a festa da Coca. Nesta vila está o aeroporto de Peinador e padecen tamén as inconveniencias do ruido e as expropiacións. Parece pouco razonable, e máis nos tempos que estamos a viver, facer un investimento considerable para ampliar o aeroporto e chegar a Madrid en unha hora (mais tempo de embarque e facturación ) cando tardamos 45 minutos en chegar A Coruña. O sentido común aconsella mellorar o transporte público, apostar definitivamente por poñer en valor o tren que pasa polo Burgo e que en 5 minutos traslada aos usuarios aos campus universitarios e mesmo á cidade. Pero como dín os que saben, o sentido común é o menos común dos sentidos. Ler o resto desta entrada » Escrito por
raqueljabares
|
7 Comentarios »
|
|
8
Xan 2009 |
O ano que pasou
Hoxe, mentres preparaba a rolda de prensa que daremos mañá para valorar o ano que pasou, lembraba varios momentos, que agora, coa distancia do tempo parecen cando menos cómicos. Os que temos a responsabilidade de gobernar un Concello, facemos cada certo tempo, balanzos públicos do noso traballo, da xestión municipal, dos proxectos que veñen e mesmo dos temas que non fomos quen de poñer a andar. Penso que é a nosa obriga facelo, é un exercicio de autocrítica e de transparencia, é, en definitiva unha ferramenta da democracia. Máis, eu pregunto, quen fai a valoración dos comentarios, das aseveracións dalgúns que mesmo públicamente, con luz e taquígrafos fixeron prediccións catastrofistas e a realidade dí que erraron? Ler o resto desta entrada » Escrito por
raqueljabares
|
Sen Comentarios »
|
