O ano que pasou
Hoxe, mentres preparaba a rolda de prensa que daremos mañá para valorar o ano que pasou, lembraba varios momentos, que agora, coa distancia do tempo parecen cando menos cómicos. Os que temos a responsabilidade de gobernar un Concello, facemos cada certo tempo, balanzos públicos do noso traballo, da xestión municipal, dos proxectos que veñen e mesmo dos temas que non fomos quen de poñer a andar. Penso que é a nosa obriga facelo, é un exercicio de autocrítica e de transparencia, é, en definitiva unha ferramenta da democracia. Máis, eu pregunto, quen fai a valoración dos comentarios, das aseveracións dalgúns que mesmo públicamente, con luz e taquígrafos fixeron prediccións catastrofistas e a realidade dí que erraron?
Lembro cando anunciamos con grande entusiasmo a construcción da Galescola Fonte da Balsa e despois a do Burgo, algúns puxeron o berro no ceo porque íamos inzar Culleredo de pequenos nacionalistas que aprenderían a cantar o Himno galego antes de falar, mesmo algúns votaron en contra no Pleno da execución destas infraestucturas. Hoxe os pequenos e pequenas de Culleredo xa están na Galescola Fonte da Balsa, as únicas queixas das nais e pais son porque os seus pequenos non tiveron praza. Os que entraron están encantados coa equipa técnica, coas instalación máis sobre todo coa filosofía do proxecto.
Outro tanto aconteceu coa peonización da Rua Hersa, que suporía un desastre para O Burgo, comercios pechados e grandes incomodidades para os residentes. Coido que os que afirmaron esta “realidade” non pasearon no Nadal pola nova rua peonil, onde todo o mundo está satisfeito e desfrutan dun novo entorno onde as personas son o primeiro.
A realidade é que estos feitos motívannos día a día, a seguir a traballar con máis folgos, co convencimento que unha política nacionalista apegada a realidade da xente é a máis acaida. As veces non é doado, por iso o diálogo, a constancia e as veces tamén a firmeza son imprescindibles para continuar a construir este Concello entre todas e todos.
