O aeroporto de Culleredo e o Estatuto de Nación

Hoxe asistimos novamente a unha polémica sobre o aeroporto de Alvedro. Probablemente toda a semana continúe este debate estéril no que todos propoñen e ninguén dispón. Así que eu quero aproveitar este espazo para compartir con vos a miña visión do tema.

Os argumentos empleados para defender unha e outra postura son cando menos baladís, que se defender aos veciños, que se motor económico, que se eu son de Vigo… A realidade é que eu nacín en Redondela, unha fermosa vila coñecida entre outras cousas polos riquísimos chocos e a festa da Coca. Nesta vila está o aeroporto de Peinador e padecen tamén as inconveniencias do ruido e as expropiacións.

Parece pouco razonable, e máis nos tempos que estamos a viver, facer un investimento considerable para ampliar o aeroporto e chegar a Madrid en unha hora (mais tempo de embarque e facturación ) cando tardamos 45 minutos en chegar A Coruña. O sentido común aconsella mellorar o transporte público, apostar definitivamente por poñer en valor o tren que pasa polo Burgo e que en 5 minutos traslada aos usuarios aos campus universitarios e mesmo á cidade. Pero como dín os que saben, o sentido común é o menos común dos sentidos.

O BNG, ten un posicionamento nesta comarca no que se refire ao Aeroporto de Alvedro: Alvedro ten que ser Aeroporto Urbán. E nesta a liña estamos a traballar: o BNG como organización política (o Deputado Carlos Aymerich ten presentado unha iniciativa nesta liña recentemente no Parlamento) e tamén o BNG dende o goberno de Culleredo.

Máis a solución real a Alvedro, a Peinador e mesmo a Lavacolla é que nós memos, os galegos e galegas poidamos deseñar as nosas necesidades, tres aeroportos para menos de tres millóns de habitantes, e cando queremos voar fora da península hai que ir a Madrid ou a Barcelona a coller un enlace. Pouco práctico cando menos.

Se  tiveramos as competencias aeroportuarias poderiamos redeseñar os nosos aeroportos, facer un verdadeiro aeroporto internacional, que cando os galegos e galegas na diáspora queiran voltar a casa, poidan ter un voo directo, poder optar a voos a bo prezo e a destinos interesantes sen ter que ir a O Porto a coller o avión,ter en definitiva uns aeroportos competitivos, acaidos as nosas necesidades, que fomenten realmente a chegada de turistas ao noso País, que permitan maior mobilidade aos nosos empresarios.

A ferramenta que precisamos é sen dúbida un Estatuto de Nación. Non é casual que en Cataluña unha das últimas competencias que acaban de tranferir sexa precisamente esta. Máis parece que non doen prendas a ninguén en falar e opinar sobre o aeroporto e despois negarse a aprobar un Estatuto digno para a nosa nación. Cecais sexa ese o motivo polo este debate nunca remate, sen competencias pouco podemos facer. Entre tanto todos e todas temos tempo para opinar, xa sabedes o falar non ten cancelas.

Este mandato autonómico remata sen ter acadado este fito vertebral para Galiza. Temos camiño andado pero queda moito por percorrer. Agardemos que nos vindeiros comicios o nacionalismo teña a forza suficiente para levar adiante un Estatuto de Nación que garanta a nosa dignidade, é que PSOE e PP sexan o sufientemente independentes para non escoitar o que din de Ferraz e Génova e traballen tamén para mellorar Galiza.

7 Respostas a “O aeroporto de Culleredo e o Estatuto de Nación”

  1. Martin Gonzalez Di:

    Usted vive en La Coruña, no a 45 minutos de La Coruña. Usted vive en un barrio de La Coruña llamado O Burgo, perteneciente a Culleredo. Usted odia a La Coruña, y usted quiere borrar Alvedro de la faz de la tierra, enviando al paro a cientos de cullerdenses. Usted es de Redondela y haría muy bien yéndose a comer chocos a su tierra, que no es la nuestra.

  2. Ramón Sixto Di:

    é lamentable que a día de hoxe aínda non se entere o señor martín que “La Coruña” non existe oficialmente en ningures, e o que é máis lamentable e a súa forma antidemocrática, me explico.
    A declaración de Avedro como Aeroporto urbén non é un capriche senón un dereito recoñecido polas autoridades españolas e europeas como forma de compensación polos transtornos ocasionados polos ruídos e perigos da poboación residente, se a vostede non lle gusta o que ten que facer é pelexar democráticamente para que ese feito non se produza pero nunca discriminar a ninguén por pedir un dereito e moito menos querer “expulsar” a ninguén de Culleredo porque esta terra non é de que naceu nela senón de todos os que a habitamos. moita SAÚDE

  3. Pablo Sánchez Di:

    Desde logo, argumentacións coma esta son unha vergoña para nós, os nacionalistas galegos. Mesturar argumentos subxectivos para defender o imposíbel, a non ampliación do Aeroporto de Alvedro, con referencias accesorias á vila de Redondela, que ten características moito máis salientábeis que os chocos e a festa da coca, como a súa posición estratéxica no sur da provincia de Pontevedra e, para rematar, co tema do novo estatuto, que pouco o nada ten que ver co resto, semella un exercicio intelectual que deixa bastante que desexar. Así se explica ó primitivismo que hai na súa oposición a Alvedro. Saiba vostede que está a facer un dano irreparábel ao BNG na Coruña. Xa lle esixiremos responsabilidades pola súa insensatez e falta de xeito ao se opór á ampliación do aeroporto que, por outra banda, digan o que digan vostede e Aymerich, nunca será declarado urbano (por non se axeitar á lexislación corresspondente) e si ampliado. Que vergoña a súa actitude.

  4. Pablo M. G. Di:

    Señora Jabares:

    Antes de nada, gracias por dejarme expresar en su blog. Sin embargo, no puedo reprimir mi desaprobación por lo siguiente:

    - Vivo en Ciudad Real, aunque mi familia vive en La Coruña y en Ferrol. Soy emigrante por motivos de trabajo, uno más de esa estadística de jóvenes que buscan fuera lo que no tienen -ni se espera- en su tierra.

    - Aproximadamente cada 2 semanas tengo que coger el AVE hasta Madrid y desde Madrid coger un AUTOBÚS hasta casa. ¿Conoce alguna de sus señorías lo que significan 8 horas de autobús ida y vuelta el mismo fin de semana?

    - Antes había una línea de vuelos regulares y de bajo coste, Easyjet, que cubría Madrid-La Coruña. Esta aerolínea fue rechazada porque su camarada H. Tello declaró que “os turistas non veñen en baixo custo” o que su también correligionario Lois declarase “no BNG non somos partidarios de subvencionar voos que supoñan competencia a outros aeroportos Galegos”.

    - Como consecuencia da fuxida de Easyjet polo BNG, os precios subiron varias DECENAS DE EUROS por billete ou o que é o mesmo, varios centos por mes para OS QUE SÍ SOMOS USUARIOS HABITUAIS DO AEROPORTO.

    - Por outra banda (estoume decatando de que falo galego agora, estou escribindo de corrido) o BNG favorece con 4 millónes de euros anuais a Ryanair para que fagan, entre outros, Madrid - Santiago. ¿EN QUE QUEDAMOS? ¿SUBVENCIÓNS SI OU NON?

    - Anticípome á posible resposta: NON, NON É O MESMO VOAR A LAVACOLLA QUE A ALVEDRO. Non quero que os meus, despois dun día de traballo, teñan que buscarme pola madrugada facendo 60km IDA E VOLTA con peaxe.

    - Resumindo: vostedes queren que un dos dous polos demográficos de Galicia (lémbrolles que Ferrolterra ten máis poboación que a bisbarra de Compostela) non teña aeroporto. Todo, para que os emigrantes QUE COLLEN O AVIÓN DÚAS VECES Ó ANO non teñan que facer trasbordo en Barajas.

    - Aínda máis: falan das conexións por tren a Lavacolla COMO SE FACER UN TREN FOSE MÁIS BARATO QUE FACER DOCE AEROPORTOS. E aínda así, a liña de Velocidade Alta -non AVE, que non vai chegar á Coruña- non pode parar en Lavacolla que queda moi lonxe do trazado.

    - Máis. Pregunto ¿ALGUÉN SABE CÁNTO CUSTA FLETAR UN COMBOIO DE TREN? Repito: non vale con ter vía de tren -que non temos e podería custar 100 millóns de euros-. Habería que fletar trens con bastante frecuencia, para non ter que esperar tres horas. Fagamos un cálculo: SE ENTRE FERROL E CORUÑA MÓVENSE CADA DÍA MÁIS PERSOAS QUE PASAXEIROS TEN O SEU ACLAMADO SA CARNEIRO… E SOAMENTE HAI DOUS TRENES… ¿CAL SERÍA O BENEFICIO DE FLETAR DISTINTOS TRENES A LAVACOLLA DENDE CORUÑA, VIGO, LUGO, OURENSE…? Fago a conta de catro trenes “pensando en clave de país”, por suposto.

    - Descartado o do tren (supoño) imos ó seguinte: ¿ALVEDRO aeroporto urbano? Se a lexislación di claramente: AEROPORTO URBANO ten que ter

    a) menos de dous kilómetros (certo, Alvedro é o aeroporto cunha menor lonxitude de pista, soamente detras do de Donosti -por motivos de non violar o espacio aéreo da Francia-), o que obliga a empregar as reversas e a contaminar acústicamente ó RECENTE barrio anexo do Burgo)

    b) máis de 50.000 operacións anuais para acadar a consideración de aeroporto, que Alvedro non ten. Polo tanto, a categoría de “aeroporto urbano” non está pensada para un aeródromo coma Alvedro.

    - Sigo: Porto ten 2.6 millóns na súa AM, tantos como Galicia en toda a súa extensión. É a Barcelona de Portugal, polo que é o máis normal que teña conexións co estranxeiro ou co Brasil. Pero en ningún lugar está escrito que centralizar un único aeroporto mellore os precios/oferta. Outra cousa sería que ese aeroporto serva de Hub (conector de voos), coma Barajas ou Heathrow, pero evidentemente non vai ser o caso de Alvedro, Peinador ou LAvacolla POR MOITO QUE QUEIRAMOS CENTRALIZAR. DEIXEMOS ÁS COMPAÑÍAS QUE DECIDAN, nos aos partidos políticos.

    - E por último, pense nesas familias de Culleredo que viven de Alvedro.

    Coma vostede di, o falar non ten cancelas. Gustaríame saber a súa resposta.

    Un saúdo.

  5. Tereixa Di:

    Fraco favor lle fas ao nacionalismo, e máis en vésperas electorais, con semellantes declaracións. Fraco favor tamén á nosa construción nacional. Aínda por riba nun tema no que che vexo moi, pero MOI MAL INFORMADA: o da pista de Alvedro. De todos é sabido, a pouco que un se informe, que unha pista máis longa fará que as descolaxes ou despegues se poidan facer sen forzar motores e saíndo os avións moito máis altos á altura do Burgo e, polo tanto, con moito menos ruído. En canto ás aterraxes, a diferenza vai ser notábel: coa pista máis longa non hai que usar as reversas e o ruído se verá moi diminuído. Á parte de aumentar a calidade e seguridade das operacións, o cal incrementa a seguridade dos que somos veciños da zona.
    E eu digo, Raquel, ¿quen te informa e asesora tan mal neste tema? ¿Quen se quere aproveitar desta situación para que “metas a pata”? ¿Quen te quere queimar politicamente cunha má influencia no tema aeroportuario? Desde o meu ponto de vista está claro: para empezar non te fíes do número tres da lista, ese non te quere ben aínda que cho pareza. Saúde e defende un Alvedro ampliado e seguro para todos..

  6. Pablo M. G. Di:

    Lo que me esperaba, ninguna contestación.

  7. Carlos Barreiro Di:

    Sois unos ilusos los que pensais que con argumentos, datos y reflexiones técnicas podeis convencer a esta tipa.
    Es una fanática. Odia a La Coruña profundamente. Sus planteamientos no son técnicos ni pasan por ningún tipo de razonamiento: son PLANTEAMIENTOS RELIGIOSOS. Odio, odio y más odio y xenofobia hacia los coruñeses.
    Xenofobia y odio profundo a Artabria.
    Imposible razonar con esta gente. Ni reversas, ni motores, ni London City ni nada…
    Tienen ODIO. ODIO PURO Y DURO.

Deixar unha Resposta