A nave de Acea da Ma

Onte unha familia comezaba o día vendo como o que foi o seu fogar durante moitos anos era esnaquizado por unha pala. As bágoas e as lembranzas de toda unha vida, mixturábanse coa ilusión dunha nova etapa. Non puideron permanecer alí moito tempo, preferiron marchar, xa que ainda que eran conscientes do estado da nave que habitaban, non deixaba de ser o seu fogar.

Hoxe vexo na prensa titulares que falan da erradicación do chabolismo, de sanear un terreo,  comentarios cando menos fríos, esquecendo que durante máis de duas décadas, unha familia habitou un inmueble en condicións infrahumanas. Penso que todas e todos teriamos algo de responsabilidade, todas e todos fomos cómplices de tolerar unha infravivenda no centro urbano do noso Concello.

Lembro que as poucas semanas de tomar posesión como Tenente de Alcalde, tivemos unha xuntanza de traballo na Consellaría de Vivenda establecendo este tema como unha prioridade. Tamén foron moi productivos os acordos coa Vicepresidencia polo que asinamos o convenio coa Fundación Secretariado Xitano peza fundamental neste Plan.

O traballo dun Plan de Erradicación do Chabolismo non remata coa demolición das infravivendas, temos moito camiño por andar. Agora o acompañamento as familias para unha total integración é fundamental. Até que pase algún tempo, non pouco por certo, non podemos valorar se o Plan tivo éxito.

É de xustiza hoxe agradecer a adicación e esforzo, sobre todo estes últimos días da equipa técnica da Área de Benestar e darlle folgos para continuar este proxecto.

Máis sobre todo quero agradecer a colaboración e paciencia das veciñas e veciños nomeadamente aos do Burgo, agradecer tamén o esforzo personal de  unha familia, a familia Romero, unha esperanza para nos, a esperanza de que con traballo común a integración é posible. Grazas a todas e todos e moito ánimo para rematar o traballo que ven.

Deixar unha Resposta