Cometarios ao Aeroporto Urbano
En primeiro lugar quero agradecer a todas e todas os que participades no blogue coas vosas aportacións. Paréceme de xustiza contestar a algún dos que opinades entre outras cousas porque así o solicitan.
- Estou orgullosa de militar nunha organización política que non se enrruga non seus posicionamentos, nen sequer en periodo electoral. O PP dí en Culleredo que Alvedro ten que ser Aeroporto Urbano e na Coruña, Madrid ou o Parlamento galego afirma o contrario. O BNG é consecuente, penso que iso dí moito dunha organición política.
- Defendo a especialización dos aeroportos, é o único xeito de que subsistan, defender outra postura é condear aos tres aeroportos.
- A definición de aeroporto urbano está no Real Decreto 1257/2003 de 3 de outubro e dí o seguinte “Aeropuerto urbano: un aeropuerto situado en el centro de una gran aglomeración urbana, ninguna de cuyas pistas tenga un recorrido máximo de despegue de más de 2.000 metros y cuyo tráfico sea exclusivamente de vuelos directos a destinos intraeuropeos, donde un número significativo de personas se vean objetivamente afectados por el ruido de las aeronaves y donde cualquier incremento de los movimientos de las aeronaves represente una molestia adicional especialmente alta habida cuenta de la situación de ruido extremo.” Alvedro pode entrar nesta calificación.
- Mentres falemos de ampliar aeroportos, de non ampliar, de se Santiago é máis importante, estamos a obviar o principal: o transporte público que precisa un investimento moito menor para ser competitivo que o que implica a ampliación da pista, cuns resultados moito máis rendibeis para a nosa cidadanía.
- O tempo da e quita a razón, no que atinxe ao tema de Alvedro acontecerá o mesmo, eu non son enxeñeira aeronáutica, nen teño asesores externos, simplemente teño sentido común e molesteime e bastante por certo en recompilar información sobre este tema, penso que é o meu deber como representante municipal, e coa información que a día de hoxe teño aposto por que Alvedro non se vai ampliar e aspiro a que sexa declarado Aeroporto Urbano.
Agradezo novamente a vosa participación neste foro que segue aberto para que poidades expresar as vosas opinións.

Xaneiro 26th, 2009 ás 6:43 pm
Prezada Raquel:
En primeiro lugar, non todo o BNG defende a non ampliación de Alvedro. Ao contrario, sinalados militantes e simpatizantes forman parte de plataformas de defensa activa de ampliación do aeroporto. Isto xa acontecía en tempos da Asemblea Nacional-Popular Galega e, como se ve, os sectores que apoiabamos daquela a ampliación da pista fomos quen de unir forzas nos setenta fronte aos sectores oposicionistas da nosa mesma organización. Polo tanto, eu non falaría do BNG coma organización neste tema.
Segundo, Alvedro NON CUMPRE NIN DE LONXE AS CONDICIÓNS PARA SER DECLARADO AEROPORTO URBANO, nin sequera a primeira, que non fas constar no teu resumo (¿ou que que a túa recompilación non inclúe os principais pontos da definición?): non ten máis de 50000 operacións ao ano.
Terceiro, o problema que apresentas como principal, os ruídos e molestias para os veciños, é responsabilidade estrita do alcalde Julio, ao que ti apoias, cun urbanismo que se estendeu até preto do aeroporto incluso nos anos posteriores ao 2000 e que é un urbanismo que dista moito de ser de esquerdas. Non sabía que desde o BNG se apoiase un urbanismo masificado e invasor do contorno dun aeroporto, operación máis propia do franquismo contra o que tanto loitamos.
Cuarto: en canto á solución para ditos ruídos e molestias, as solucións propostas polos técnicos non oferecen dúbidas: a maior lonxitude de pista diminúe a emisión de ruídos tanto en descolaxes coma nas aterraxes. Á parte e aumentar a seguridade das operacións e, moi en particular, das aproximacións e freadas.
Conclusión: Non ten sentido propór mensaxes oposicionistas ao electorado, máis propias dos erros que nós mesmos, os nacionalistas, tivemos nos anos setenta con importantes infraestruturas, como a AP9 que agora lóxicamente estamos a defender. A ampliación da pista de Alvedro desde o ponto de vista técnico non admite dúbidas: débese facer o antes posíbel. Calquera outra actitude nin contribúe á nosa construción nacional nin vai ser admitida polo electorado. O meu humilde consello: Non te deixes guiar por algúns cantos de serea que están a propór causas espúreas como o “non á pista de Alvedro”. Saúde.
Xaneiro 31st, 2009 ás 10:09 pm
Vamos a ver, Tareixa: eu penso que dende o BNG de Culleredo se ten denunciado en reiteradas ocasións o modelo de crecemento de Culleredo, pero cal é a solución a día de hoxe? botar a xente fóra e tirar os edificios? ten a culpa a xente que se viu vivir ao noso concello de non poder permitirse un piso en Juan Flórez?
Non penso que digas tal cousa, xa que afirmas ser militante do BNG.
A día de hoxe a situación é a que é, e a partir de ahí teremos que tratar de millorar as condicións de vida d@s nos@s veciños, e iso inclúe facilitarlles o seu descanso nocturno. Que é do que básicamente se trata.
O de que Albedro non cumpre as condicións pra ser declarado aeroporto urbano acláracho hoxe mesmo aCoz, pero claro, hai que ler algo máis que o titular: poden ser declarados aeroportos urbanos aqueles aeroportos que estean nunha aglomeración de máis de 40000 habitantes. E a conclusión do ¿xornal? coruñés é: Culleredo ten 30000, logo é imposible.
Pero claro, iso dinos moi pouco do método de contraste das informacións que ten ese ¿xornal?, pois como todo aquel que coñece o noso concello sabe, este limita polo norte con Oleiros e Cambre.
Sabías que alá polos 60 caeuse un avión cando tentaba aterrar en Albedro? a que tamén sabes onde caeu? Exacto: en Montrove, ergo no concello de Oleiros. Porqué? Pois porque ao aterrar pola cabeceira norte os avións pasan atronando por riba de Liáns e lambendo os tellados de moitas casas de Montrove, núcleos, como ben sabes, bastante poboados i en constante expansión.
Así que olvídate deses cálculos, porque Culleredo non está só na súa demanda dun aeroporto acorde co lugar onde está emprazado, e no que só poidan operar naves modernas e nun horario que permita o descanso aos seus veciñ@s.
Un saúdo.
Febreiro 3rd, 2009 ás 2:50 pm
O aeroporto de Alvedro non cumpre as condicións para ser declarado urbano non porque o diga La Voz días despois da miña aportación neste blog, senón porque non se axeita ao disposto no decreto: non ten más ide 50000 operacións ao ano. E ponto.
Segundo, os adosados da estrada coa que limita o aeroporto ao leste foron feitos despois do ano 2000 e os edificios ao norte tamén. E non porque fosen vivendas sociais “para os que non podían comprar piso en Juan Flórez”, senón por un urbanismo franquista desenvolvido polo concello de Culleredo, invasor e que só buscou estenderse non polo ben da poboación, senón por intereses inmobiliarios particulares nos que están implicados algúns concelleiros, con parte do BNG seguíndolles o xogo. Pois o aeroporto está alí desde 1963, así que non colleu a ninguén por sorpresa.
Terceiro, reciba o meu máis fonda reprobación por utilizar neste blog a traxedia do único accidente de Alvedro, motivo o cal desacredita o resto dos seus argumentos: ademáis, esta última referencia tráxica, que vostede manexa cunha frivolidade que arrepía, demostra que vostede ten unha liña argumental escasamente imprecisa e totalmente ditada e estereotipada. O accidente de Alvedro non aconteceu nos 60, senón o 13 de agosto de 1973, e sobre as súas causas, remítome aos informes de Aviación Civil de 1977, causas nas que non tivo que ver a infraestrutura nin localización do noso aeroporto.
Cuarto, si que son nacionalista galega, pero nin nos tempos da Asemblea Nacional-Popular Galega nin moito menos agora, aceptarei discursos oposicionistas de xente desinformada e con escuros intereses contarios aos do pobo galego e a súa construción nacional.
Quinto, que pronto vexamos a pista ampliada para que os viaxeiros teñan máis seguridade e os veciños vítimas do urbanismo expansionista do concello de Culleredo e as feroces inmobiliarias menos ruido e comodidade!
Saúde.