Os meus compañeiros enxeñeiros aeronauticos
Estes días asisto abraida ante as numerosas opinións sobre o Aeroporto que albisco dende a miña xanela. Opinión de veciños da Coruña e mesmo de veciños de Culleredo como Mar Barcón. Todos e todas falan, opinan e mesmo chegan a faltar ao respecto dos que non opinamos como eles.
É certo que os que traballamos en política non temos que saber de todo, máis se temos a obriga de documentarnos para opininar sobre un tema. Lembro cando fai tres anos propuxen no meu Concello traballar na liña de que Alvedro puidera ser Aeroporto Urbano, sabedes cal foi a resposta? “Neniña eso non existe, máis urbano que o de Londres non o hai”. Mesmo algún cargo político desta Comarca con estudos aeronáuticos aseverou publicamente que non existía tal catalogación , refírome ao Delegado do Goberno que polo que di non mira o BOE dende o ano 2003.
Co tempo, parece que todos e todas temos claro que os Aeroportos urbanos existen, máis seguen, cando menos algúns sen leer a normativa. A Sra Mar Barcón, que ao igual que eu é unha especialista aeronáutica de recoñecido prestixio, (será que todos os que vivimos en Culleredo compartimos esta virtude, por iso tamén opina o mesmo o veciño Mendez Romeu), confunde os artigos 3,a) e 3,b) e non difrencia entre movimentos de avións e poboación; en realidade non sorprende tendo en conta que cando era concelleira de urbanismo obviou na redacción do Plan Xeral viais aprobados no Plan Sectoriais de estradas, ou que despois de tantos anos sendo Concelleira de A Coruña ainda non sabe que a liña de bus urbano 8 non existe, claro, é natural seguro que María Pita a Culleredo ven en avión.
Falando agora con datos obxectivos gostaría que reflexionárades sobre un caso de aeroporto urbano, London-City, considerado o mellor aeroporto do Reino Unido. Unicamente opera dende as 5:30 as 21:30 de luns a venres, os sábados e domingos as restriccións son maiores e na fin de semana debe pechar 24 horas. E, como vai este aeroporto? Seguro que moi mal, imos ver os datos: máis de 12 compañías operando, máis de dous millóns de pasaxeiros, o no Master Plan preveen tres millóns e medio de pasaxeiros para o 2015 e oito millóns para o 2030 sen ampliar a pista e con avións da mesma capacidade.
O aeroporto de Bromma en Estocolmo ten a mesma fotografía. Así que cando falamos de crear un Aeroporto Urbano estamos a facer máis competitivo a Alvedro, máis seguro e conciliar o dereito da cidadanía ao descanso. A previsión da Dir.Xeral de Turismo para o 2009 é investir 600.000€ en promocionar o aeroporto, penso que é unha aposta seria, dimensionada e que aposta pola promoción de Alvedro garantindo a sostenibilidade do entorno.
Ainda que poida parecer extensa esta nota, penso que é de xustiza aclarar algúns temas que están a confundir a opinión pública, máis a gran preocupación da cidadanía non é este tema senón os atascos nas estradas, o prezo do autobús, o desemprego, mal funcionamento da sanidade ou mesmo a panga.

Febreiro 3rd, 2009 ás 3:08 pm
Como muller nacionalista o que non podo aprobar, senón reprobar, Rauel, malia que o sinta, son os discuroso esteroetipados e falseados, co cal non digo que os falsees ti, pero si quen che deu algunha información.
London City NON TEN NADA QUE VER con Alvedro. Nada. Nin en posición topolóxica nin, moito menos, de xeografía urbana nin humana. Remítome aos correspondentes informes de Aviación Civil de Gran Bretaña. O horario tampouco é o que pos aquí, aínda que non vou incluir aquí o correcto por se alguén o quere facer aparecer en prensa para facer evidente o errado desta información. En canto á referencia de acudir ao tribunal de Estrasburgo cando Medio Ambiente dea luz verde á ampliación da pista é algo que, sinxelamente, dá vergoña allea. Xamáis sería ademitido a trámite, e non fai falla ser experta en Dereito para sabelo. Ben cho podería ter dito “o terceiro da lista” se non che quixese afundir políticamente, el que de procedemento xudicial algo se supón que sabe ou soubo no seu día. Nin o lehendakari Ibarretxe levou a Estrasburgo ao goberno de España con máis posibilidades. Vós veredes se persistides ou rectificades.
O único aeroporto que no estado español puido, no seu día, ser considerado urbano, foi Tenerife Norte, plenamente integrado na poboación de La Laguna, rodeado de bairros que xa existían desde antes da construción do aeroporto, non como no caso de Alvedro, que son posteriores e moi posteriores, e non construidos no franquismo, senón na suposta democracia. E que se fixo? Non declaralo urbano e, pola contra, ampliar a pista até os 3400 metros, facendo múltiples expropiacións de terras e casas e até o desvío dun barranco (río)que, trinta anos despois, demostraron ser un grandísimo beneficio para todos: para os viaxeiros (non volveu haber ningun accidente tráxico coas melloras do aeroporto que tiña unha lenda de arrepío) e, sobre todo, para os veciños. Hoxe en día hai nas cabeceiras de pista os dous grandes hospitais da illa: Nosa Señora da Candelaria e o Hospital Universitario de Canarias, e o novo campus da universidade de La Laguna, o de Guajara, hoxe campus central. Á parte de novas vivendas e centros comerciais. E todo elo sen as molestias nin ruidos que si había coa pista curta e que a nova, de 3400 metros, evitou totalmente.
Que non me cres? Pois remítome a outra nacionalista de pro, a alcaldesa nacionalista da cidade de La Laguna, que o que si demostra é ter un discurso propio e non deixarse levar polo discurso oposicionista que, nin como mulleres, nin como cidadás, nin como nacionalistas, podemos aceptar.
Saúde.
Febreiro 3rd, 2009 ás 4:55 pm
Prezada Raquel:
Parécesme unha política máis válida e intelixente que os outros personaxes que se están a opór á ampliación da pista de Alvedro. O principal opositor a dita obra civil son os intereses capitalistas dunhas determinadas inmobiliarias que teñen terreos na prolongación da cabecera 04 e, sobre todo, ao leste dela, onde vai ir á rodadura. Estou seguro de que ignoras estes datos porque, sinceramente, non te imaxino en corruptelas ou connivencias con ditos grupos inmobiliarios, quero pensar.
Feito este prólogo, quero dicir que estás ABSOLUTAMENTE MAL INFORMADA SOBRE LONDON CITY AIRPORT. Os horarios de apertura non son os que dis. Dito aeroporto abre sábados e, sobre todo, con amplo horario, os domingos. A súa ubicación é no medio dunha zona fortemente urbanizada, cun entramado urbano dunha densidade moitísimo maior cá de Culleredo.
Pero O PRINCIPAL, que non figura na túa información, é que dito aeroporto fíxose a propósito nesa zona PREVIAMENTE URBANIZADA. É un aeroporto de apertura recente, abriu en 1987 e o urbanismo non foi sobrevenido, senón moi anterior, daí as medidas de protección medioambientais excepcionais no contexto europeo.
En resumo, NADA QUE VER CON ALVEDRO.
Por favor, non sigas a crer e a divulgar estas informacións tan erradas e distorsionadas e pensa DE ONDE E DE QUEN PROCEDEN. En ningunha organización todos os componentes son anxos do ceo, e no BNG tampouco.
Unha alternativa verdadeiramente progresista e integradora para o noso país é defender unha pronta ampliación de pista cunha correcta supervisión das indemnizacións que xustamente corresponden en democracia. Por un futuro cheo de mobilidade para o pobo galego cun Alvedro ampliado!
Febreiro 3rd, 2009 ás 10:37 pm
ALVEDRO AEROPORTO URBANO, por sentido común e polos dereitos dos veciños. Eu son coruñesa e penso que non ten nada que ver defender a miña cidade e o seu avance con un aeroporto competitvo e que permita descansar aos veciños. O do PSOE non ten nome, en Arteixo ou en Cambre non permiten expropiar par facer algo de primeira necesidade como son vivendas sociais, e na coruña poñen o grito no ceo porque unha vez a semana os rapaces toman copas na rua e molestan aos veciños, e en Culleredo? SERIEDADE, falemos de temas importantes e o Sr Tello e o Sr Lopez Rico que se poñan a currar, menos viaxes menos torre de hércules e máis nacionalismo para avanzar. Saúde
Febreiro 4th, 2009 ás 12:12 am
Non sei que ten que ver:
1. “Alvedro aeroporto urbano por sentido común”.
2. “Alvedro aeroporto urbano polos dereitos dos veciños”.
Este tipo de axiomas que saen da nada e parecen converterse en aseveracións bíblicas son o tipo de pseudorazoamento no que se fundamenta o oposicionismo a calquera tipo de avance.
Por que non dicir no seu lugar:
1. A Terra centro do Universo por sentido común.
2. A Terra centro do Universo polos dereitos dos veciños?
O noso aeroporto tivo apertura no ano 1963, e podemos constatar como daquela non existían os modernísimos adosados que se fixeron alí pegados no 2001 e despois nin os bloques que se elevaron hai catro anos xusto nos últimos metros da senda de aproximación polo Burgo. Quen alí foi vivir xa sabía que ía habitar xusto á marxe dun aeroporto, e isto, en ningunha parte do mundo civilizado serve como atranco a unha obra pública, e menos a unha obra de tantísimo interese xeral e estratéxico. A responsabilidade? Que lla pidan ditos veciños ao alcalde Sacristán e, na súa medida, a quen o apoia. Que pode facer Fomento para aliviar e corrixir a súa situación? ALONGAR A PISTA para que diminúan ao máximo as molestias das descolaxes e aterraxes, ao tempo que, non o esquezamos, aumenta a seguridade. Nin máis nin menos. E isto si que se apoia en todos os ditames científicos e tecnolóxicos, que nos serven sen dúbida moito máis que os maximalismos e os axiomas.
Febreiro 4th, 2009 ás 12:53 pm
Prezada Raquel:
Polo que estou a ver a xente que che deixou opinións por aquí está no mesmo caso ca min. É dicir non viven co aeroporto o lado. Seguramente se lle pasaran avións pola noite e os despertara todos os días cambiarían de opinión.
Pareceme incrible a presión “de los coruñeses”, porque non piden o aeroporto po medio da cidade que seguro que lles gustaría telo alí. Así manteñen os seus lemas de “POR Y PARA LOS CORUÑESES”.
Con respecto os concellos limítrofes, gustaríame saber a súa opinión porque os mais cercanos tamén se van ver afectados. Ou a Zapateira non vai ter problemas por iso????????
En resumo que é moi doado opinar do de fora cando non che afecta.
ÁNIMO!!!!!!!!!!! E a defender a saúde da xente de Culleredo.
Febreiro 4th, 2009 ás 5:17 pm
No ano 1963, cando se fundou o aeroporto, este non molestaba a ninguén, pola sinxela razón de que non se construíra nos arredores. Mesmo trala ampliación de 1990 non existían boa parte dos chalés adosados e blocos de edificios e outros predios que se foron construindo por decisión dos grupos inmobiliarios apoiados pola política urbanística do Concello de Culleredo.
Así que, para defender “a saúde da xente de Culleredo” ocórreseme que
1. A maior parte do concello non está afectado, e moito menos nos concellos limítrofes.
2. A ampliación da pista contribuirá a paliar as supostas molestias dos que as padezan, aínda que ditas molestias non son consecuencia do aeroporto senón do urbanismo desmesurado pola conxunción capitalismo/concello de Culleredo.
3. O BNG deixe de apoiar dita política urbanística propia do franquismo.
4. O BNG asuma a súa responsabilidade política, reles os informes técnicos unánimemente favorábeis a ampliación e deixe os xogos oposicionistas e negativistas que tan mal resultado nos deron, pola súa insolideza e incongruencia, nos anos setenta, como no caso AP-9 e a “navallada para Galiza”.
Febreiro 5th, 2009 ás 11:43 am
Estimada Raquel:
Por lo que veo te estan sometiendo a un test que no es el electoral y el de las urnas. Me alegro¡¡ La politica no consiste solo en meter un papel en una urna..
A veces la gente , quiere saber un poco mas, y los politicos de la zona no estais acostumbrados.
Y tanto que no los estais.
Como vecino de Culleredo , mas exactamente de Vilaboa , espero que este tipo de comentarios te haya hecho recapacitar… y ver que la postura que estais tomando , es , a mi modo de entender las cosas , totalmente erronea.
No soy ingeniero aeronautico , sino de obras publicas , y todas las razones que te puedo esgrimir sobre la ampliacion ya estan dadas en comentarios de otros lectores de tu blog.
Con lo cual , espero que si esta herramienta informatica , sirve para que ganes algun voto mas , tb sirva para que veas , que os habeis equivocado.
Yo no pertenezco a ningun grupo politico , a Julio tb le he dedicado unas palabras.
Eso si; tu misma lo has dicho ; has sido la primera en descubrir la palabra Aeropuerto Urbano , en la zona. A Julio y los suyos JAMAS SE LEs OCURRIRIA .
Reconoce que te has ”equivocado” , si es que no habia otra pretension. Y reconoce tb que tus campañas en contra del Aeropuerto y su ampliacion (ahora apoyadas por Julio) han sido un ENGAÑO.
Tienes alguna concejala, vecina de Vilaboa…
Preguntale , si escucha alguna avion , mas alla de las 00h de la madrugada…seguro que no. Yo vivo a 700 metros y DUERMO PLACIDAMENTE.
Quizas porque mi conciencia esta muy limpia.
Un saludo
Febreiro 6th, 2009 ás 12:32 am
Prezada Tereixa:
Primeiro que sepas que coñezo familias que viven en Culleredo dende os seus bisavos. O falar por falar é moi fácil xa cho dixen.
E tal como falas deberiancho poñer o lado da tua casa se tan bonito é como dis ti.
Xa bo é que vamos volver a gobernar na Xunta e os do PP ides mirar pa nos coa envexa de sempre. E o que está claro é que o BNG é o mellor para a Galiza.
Do da AP-9 mellor tate calada/o porque a navallada e cada vez que unha persoa paga a peaxe, a cal Touriño privatizou cando era director xeral de infraestructuras con Felipe González e Feijoo que o ampliou ate 2048 a concesión.
Asique papaverzas informate primeiro do que falas que parece que non tas moi informado do que dis.
Xa cho puxen antes, poñede o aeroporto no centro da CORU que así xa é “POR Y PARA LOS CORUÑESES” que parece que ainda non sabedes quen ten a capital da Galiza!!!!!!
E o que hai que facer é un aeroporto como o do Prat ou Barajas en Lavacolla e con conexións con toda Galiza e deixarse de ampliar Alvedro ou Peinador ( que en Vigo teñen mais luces na cabeza e nin o propoñen).
ÁNIMO XENTE DE CULLEREDO!!!!!!!!!
Febreiro 6th, 2009 ás 5:20 pm
Que altura intelectual teñen os comentarios do tal Dani: “papaverzas” e “tate calada”.
Que vergoña!
Se estes son os argumentos que lles quedan aos que se opoñen á ampliación da pista, perfecto.
Ampliación da pista xa, por seguridade e pola comodidade dos veciños!
Febreiro 9th, 2009 ás 8:53 am
Prezado Pablo:
Parece que o teu non é a lectura, porque hai bastantes cousas do meu comentario para opinar pero xa vexo que non tes moito que dicir a ter un aeroporto coma en condicións e de calidade. E encima tampouco me dis nada da AP-9 nin AG-55. Son cousas da vida pero sentido moito o BNG vai a subir na Galiza e polo que eu creo vai ser o único que o faga porque o PP vai gañar as eleccións pero xa saben que son outros catro anos de oposición.
A todo esto nada que dicir do candidato por Ourense verdade??????
Sempre hai cousas.
Estes ataques que se lle fan sen sentido ningún o BNG o único que fan é animar ainda máis a xente a apostar polo único partido que demostra que traballa por e para os galegos.
Saúde e patria querid@s amig@s.
Febreiro 10th, 2009 ás 1:54 pm
Neste blog son interesantes a meirande parte das aportacións, pero tamén hai a excepción a regra: o tal Dani.
O estilo cheo de agresividade só demostra unha fonda inseguridade de quen non ten argumentos. Despois de chamar (6 febreiro) a outra participante “papaverzas” e pretender intimidala cun “tate calada” aos que xa me referín, vemos que a min, en vez de aportar algún argumento en contra da ampliación da pista (será que non o hai?) só se sabe dirixir cun descualificatorio “parece que o teu non é a lectura…”
En fin, que mágoa tan grande.
E aportacións coma esta son as que van aportar votos ao bloque? Mal vexo a cousa… Ben, menos mal que sempre quedan as frases feitas coma “saúde e patria”, que xa nin se usaban na época da AN-PG!, pero que poden dar certa falsa seguridade aos necesitados de dogmas por falta de recursos argumentais. En fin…
Marzo 3rd, 2009 ás 1:46 pm
Con todo o respeto do mundo. Non dubide un segundo que o motivo da perda do escaño na Coruña e froito directo do ataque que sufrío dende o seu gobernó a comarca da Coruña, con baixada máis acentuada nos concellos onde gobernaba como Culleredo ou Coruña. O ataque ó aeroporto, o porto exterior, a paralización e non promoción de solo industrial…, todos os veiños que antes depositáramos a confianza en vós, vivimos nas carnes a marxinación a que nos someteron. Olvidando que no entorno da Coruña viven mais de 400.000 persoas.
Moitras gracias pola atención e espero podan recompoñer o partido e atender as demandas reais, da xente real, que lóxicamente existe mais na cidade (que non municipio) máis poboada de Galicia.
Extendible o comentario os esbirros da nosa comarca…
Un saudo.
Rubén