O Goberno que deroga.
Amigos e amigas, cada mañá, dende que o PP gañou as eleicións acordo abraida e mesmo con medo aos novos disparates e anaquilacións dos seus representantes. Aínda non fixeron nen unha soa proposta, un proxecto, unha idea, o seu único propósito é a destrucción de todo o que teña a ver co anterior goberno, a política da derogación.
Primeiro van vender o coche do presidente, e eu digo, quen o vai mercar? xa que o novo presidente quere un coche feito en Vigo, máis como a Berlingo e moi de obreiro e a Picaso pouco ostentosa, onde dixen digo digo diego e compro un francés, que por outra banda xa o estaba a utilizar por cortesía de Citroen-Vigo nestes ultimos tres anos.
Despois di que vai derogar o decreto da normalización lingüísta, algo fundamental para mellorar a rutina diaria da cidadanía neste momentos de crise, o argumeto: non se pode impoñer o 50% das clases en galego, todo o mundo ten dereito a falar en español. E eu pregunto, e os que falamos galego? non protestamos por que impoñan o 50% en español.
Tamén vai derogar o decreto éolico, ou iso di, ainda que eu máis ben penso que repartirá algo cos amigotes, como Fenosa, que tan ben trata a nosa xente. As Galescolas fora, máis con matices, cambia o nome , fora mandilóns (que por certo eran de balde para os pequenos, xunto coa mochila) e que falen español, máis de seguro que vemos estes anos a Feijoo inaugurar as agora “gallescuela” que tiña construido o anterior goberno.
Hoxe anuncia que pecha o Consorcio, que vai pasar cos centos de postos de traballo deste organismo? cos compromisos dos centos de Concellos que ten o Consorcio (moitos deles tamñen do PP)? en definitiva, que vai pasar con este País.
Todo o mundo coincide que unha eiva do bipartito foi que tiña dous gobernos, agora Galiza terá un só goberno, máis outra cousa é que goberne, xa que a súa prioridade será sen dúbiba aniquilar os grandes logros do nacionalismo, aínda que iso supoña aminorar sensiblemete o benestar da xente.
