O aborto novamente a debate.

Estes días varias manifestacións percorren as rúas calificando case de asasinos a todos aqueles que defendemos unha lei de prazos de interrupción do embarazo acaída a realidade. Máis unha vez o debate distorsiónase de tal xeito que parece que o que estamos a decidir é se o aborto é legal ou non neste estado. Como xa sabedes ese dereito foi acadado (non sen esforzo) hai tempo grazas a pedagoxía e esforzo de moitas mulleres e tamén homes, que fixeron que as mozas que viñamos detrás tiveramos unha sociedade máis xusta. Hoxe falamos de ampliar supostos, supostos que de facto e previo pago (iso si) xa están a existir. Gostaría compartir con vos algunhas reflexións.

O outro día escoitei na radio o caso dunha muller que xa tiña un fillo e agardaba con ilusión o segundo. Na primeira ecografía detectaron unha malformación que impediría ao bebé sobrevir máis que unhas horas, se finalmente chegaba a nacer. Evidentemente, e con moita dor, a nai decidiu abortar de inmediato. Esta muller tivo que agardar até o ultimo día do prazo permitido pola lei e facer a interrupción do seu embarazo nunha clínica privada; sabedes porque? non había nengún hospital na sua cidade disposto a facelo,a razón: obxeción de conciencia. Agora un dato máis sorprendente, sabedes cal era a cidade….. Madrid que conta con tres potentes hospitais. Con exemplos como este, custiónome a legalidade ou cando menos a moralidade da obxeción de conciencia. Cando un individuo libremente decide formar parte do sistema público de saúde, debería deixar ao marxe as súas convicións relixioso-éticas, pois debe prevalecer o dereito do paciente. E non sei que relixión permite prolongar o sufrimento dunha nai tanto tempo.

Cando eu estaba embarazada, mentres agardaba polos resultados das probas que facemos todas as nais para ver o estado de saúde dos nosos bebés fíxenme a mesma pregunta que todas as nais fan:e sen ben mal? Eu tiña decidido seguir a diante, pero coa tranquilidade de que se tomaba outra opción tería garantes sanitarios suficientes (ainda que probablemente tería que pagar). Finalmente, como case sempre o bebé foi unha preciosa nena de ollos azuis forte como un carballo. Máis este exemplo personal, penso que demostra que as mulleres que defendemos unha mellora na lei de prazos, probablemente non a usaremos nunca; non teño tan claro que os que a critican mesmo con mala educación non “tiren” dela se for preciso(que lle pregunten a algúns pola lei do divorcio).

Máis medidas para o control da natalidade, información sobre anticonceptivos na mocidade, centros afectivo-sexuais e moitas outras ferramentas son imprensicibeis nuhna sociedade como a nosa, máis tamén unha lei de prazos realista. Como dicían as pioneiras nisto: NOS PARIMOS; NOS DECIDIMOS, que así sexa.

Unha Resposta a “O aborto novamente a debate.”

  1. Angel jota Di:

    Estimada Sr. Jabares.

    Sin duda en aborto es un tema interesante y muy de actualidad en la sociedad. Pero por favor , actue en consecuencia y demuestre lo que le importa su ayuntamiento , para el que a veces actua de ”alcaldesa en funciones” y hablenos del cierre de Bunge , de como usted sabia hace muchos meses que la empresa no pasaba por buenos momentos y que le pidieron , a usted directamente , ayuda para seguir en Culleredo.

    Le recuerdo que ignorar la realidad de la gente de Culleredo le ha costado unos cuantos votos en las elecciones Gallegas.
    En algun mensaje que le deje con anterioridad a las elecciones le decia que estuviese atenta, que dejar de lado el Aeropuerto no era razonable.

    Espero me escuche esta vez.

    Un saludo

Deixar unha Resposta