Ampliación de Alvedro porque si.

Vimos de rematar un proceso onde a cidadanía contestou masivamente a un feito que durante moito tempo ocupou páxinas na prensa: a ampliación da pista de Alvedro. Este feito coincide no tempo con outro que avala a tese maioritaria da non ampliación: a concesión de subvencións a empresas privadas para que manteñan o servizo no aeroporto. Un aeródromo, que segun defenden algúns, é necesario e rendíbel, argumento contraditorio coa continua entrega de cheques en branco a modo de subvencións a prol do turismo para suplicar as compañías que fiquen en Alvedro.

En tempos como os que están a correr, nos que a prioridade da clase traballadora e manter o seu posto de traballo e chegar a fin de mes, é cando menos pouco apropiado regalar tres millóns de euros de diñeiro público a empresas privadas que non teñen en conta aos veciños a hora de repartir beneficios, nen sequera cando cobran os seus billetes ou mesmo cando non cumplen horarios e perdemos enlaces ou estravían o noso equipaxe.

Sustentabilidade, é a palabra que todo o mundo utiliza hoxe, mesmo aqueles que propoñen gastar 75 millóns de euros na ampliación dunha pista, sen saber moi ben para que, ou regalan a particulares diñeiro con unha ledicia desmesurada. Sustentabilidade dun capricho localista que resposta non sei moi ben a qué intereses, pero que co tempo, está a deixar ao descuberto a verdadeiras intencións dos valedores da ampliación. Eu creo firmemente na sustentabilidade dos proxectos, mais cando están a ser financiados con diñeiro público, por iso teño o firme convencimento, de que a pista de Alvedro non será ampliada. Ainda, despois de todas as opinións que levan verquido sobre este tema, non escoitei nengunha razón obxectiva que avale a execución da obra;o porque si, porque me peta, non vale cando é todo un povo o que pon os 75 millóns de euros.

Din que creará emprego (emprego precario que é o que teñen as compañías no personal de terra), riqueza para a comarca (o tráfico da carga disminúe e o de pasaxeiros tamén), din que aterrarán avións máis grandes (xa poden aterrar agora pero case o 80% dos voos son a Madrid e a Barcelona polo que non hai demanda) e que farán menos ruido (os avións seguirán a facer o mesmo ruido 120 decibelios en moitos pontos). Eso é o que din, pero non din que desaparecerá un núcleo tradicional como o Curro, que aumentará a contaminación no ar, que chegarán os lodos das obras a Ría do Burgo estragando ainda máis os bancos marisqueiros, que aumentará a pegada sonora, que modificarán o clima na zona, que haberá veciños que acordarán cun talude de 50 metros onde antes tiñan árbores…..eso e moito máis non o din.

Pero porque si, porque me peta, seguen a defender a ampliación da pista, sen aportar argumentos, conceden subvencións, e o máis grave, censuran a información para manipular ao seu antoxo a opinión pública. Ainda así, agardo que o “sentidiño” impere e os fondos previstos para esta obra, sexan investidos onde a xente o precisa, nas infraestucturas que Galiza precisa e que con tanto atraso leva prometido o Goberno español.

5 Respostas a “Ampliación de Alvedro porque si.”

  1. Juan Di:

    Asi vos vai Raquel. Totalmente desenchufados da realidade galega. Pedindo a castración do futuro de unha comarca galega. De unha cabeceira do país.
    Así vos vai Raquel. Renunciando a infraestructuras necesarias, que xa demostraron a sua utilidade.
    Así vos vai Raquel. A vosa perversa, centralista e localista idea do voso País fai que os galegos non contemos con vos.
    Adios.

  2. yo Di:

    Contando tantas mentiras así os ha ido en las elecciones. so listos! Llevo años dandoos mis votos hasta estas ultimas elecciones y es que ya cansa de tantas mentiras.
    En una sola palabra:

    MENTIROSA.

  3. pepocho Di:

    No se como no te da verguenza hablar de contaminacion en la RIA..

    TENDRIA QUE CAEROS LA CARA DE VERGUENZA ¡¡¡ TB le echais la culpa al aeropuerto de los vertidos que el ayuntamiento vierte incontroladamente??

    La mayor empresa de Culleredo es el Aeropuerto , os vais a preokupar de el igual que lo habeis hecho con Bunge??

    VERGONZOSO¡¡

  4. pepocho Di:

    AH¡¡ y lo del cambio climatico es DE RISA¡¡¡

  5. Xesus Di:

    Moi boas,eu son de Culleredo e non comparto con vostede a idea sobre o aeroporto. Vostede esta,iguliño co seu partido, caduca. Ninguen, no seu sano xuizo, pode estar en contra de infraestucturas basicas como os aeroportos, alguns veciños berran e vociferan coma poseidos, pero sin razon, todos sabemos que o aeroporto leva bastantes mais anos que a maioria das construcions que habitan estos novos choradores de enterros.

Deixar unha Resposta