Mal de amores en Culleredo
Estes días asistimos na prensa local a un espectáculo que lembra a mellor das telenovelas onde os desamores e os reproches fian un argumento interminable que case ninguén lembra como comezou, o “desamor” de Rioboo. Todo comezou uns meses antes das municipais do 2003, cando o que por aquel entón era voceiro do BNG decide abandonar a nosa formación por non encabezar a lista. Meses despois anuncia que participará nos comicios municipais na candidatura socialista ocupando o posto número 5. Por aquel entón, o Director da Radio Local, Jose Ramón Rioboo aspiraba a ocupar ese posto de saída para ir rodándose na posible sucesión do Alcalde, pero, cousas do querer, o exnacionalista rouballe o posto. Este feito dará comezo a telenovela que vivimos hoxe. Nas municipais do 2007, Rioboo crea unha agrupación política xunto con algún exconcelleiro socialista e rendabiliza o desencanto municipal. Todo indica que non tivo a humildade suficiente para administrar con mesura o éxito e comeza, con pouco tino dende o meu ponto de vista, o asalto ao poder pola porta de atrás.
Primeiro dixo que non pactaba co Psoe, mentre suplicaba as agachadas que pactara coa sua formación. Finalmente, cando o pacto entre o PSOE e o BNG en Culleredo foi unha realidade, e observaba que a sua oportunidade de ser Alcalde definitivamente esfumábase intensificou as suas xuntas, reunións, notas de prensa autopróclamándose alcalde, até chegar ao ponto que estamos hoxe.
Coido, que pouco o nada de interese ten para a xente este espéctaculo, máis que calquera outra nova que podemos ler na coñecida como prensa rosa. Os membros da corporación, independentemente de estar no goberno ou na oposición temos unhas obrigas: preparar os Plenos, estudar a documentación, atender aos veciños e ofrecer solucións, obrigas que por certo este Concelleiro non está a cumplir a pesar de ingresar cada mes algo máis de 1.000€ .
O Alcalde, en condición normais, é electo unha vez cada catro anos, outras maniobras, como a acontecida en Abegondo recentemente, son para min, profundamente antidemocráticas, e nos, os homes e mulleres que traballamos en política, temos a obriga de adicarnos a mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, non a buscar beneficios personais.
Agardo que os capítulos de esta “telenovela” cheguen ao seu fin e todas e todas, incluidos os protagonistas do “romance” sumen esforzos para levar adiante o proxecto polo que todas e todos deberiamos estar na Corporación: Culleredo

Xuño 24th, 2009 ás 10:16 pm
Vaya y resulta que este presunto trepas para usted, va se presenta a las municipales en 2007 y resulta que saca cuatro concejales y la relega a usted al ultimo puesto con tres, pues tiene usted razón si que es burro este Rioboo además claro las 2400 papeletas con el logo de APdC fue porque los vecinos de Culleredo son tontos…País. Pienselo Sr.Jabares.