Arquivo para a Categoría 'Novas'

Garantir a mobilidade no Concello e vivendas de aluguer para a mocidade son dúas das iniciativas que o BNG fará dende o goberno de Culleredo

Domingo, Maio 20th, 2007

A Candidata do BNG a Alcaldía de Culleredo, RaquelJabares, creará unha oficina municipal de rahabiliación.

O BNG de Culleredo ten feito xa dende a oposición numerosas iniciativas nas que a vivenda e a mobilidade eran protagonistas. No programa de goberno son tamén temas de vital importancia con un plantexamento transversal e unha visión sustentable. A candidata do BNG a Alcaldía de Culleredo,Raquel Jabares comprométese a materializar dende o goberno municipal as seguintes propostas :

-          Por a disposición da Consellaría de Vivenda os terreos precisos para a Construcción de Vivendas de Aluguer para a Mocidade.

-          Creación da Oficina Municipal de Rehabilitación, tanto para os edificios da zona urbana como para as vivendas da zona rural, apostando por convertelas en vivendas máis eficientes enerxéticamente.

-          Plan Municipal de eliminación barreiras arquitectónicas.

-          Garantir un servizo real e constante de transporte adaptado para os veciños e veciñas dependentes.

-          Plan de beirarrúas: que teñan destino, que se poida pasar por elas, eliminar obstáculos, adaptalas para persoas con mobilidade reducida

 -          Proxecto “Culleredo vive a Ría” que garante a mobilidade entre Vilaboa, Corveira, Cordeda, Almeiras e o Burgo co Paseo Marítimo da Ria do Burgo.

 

O Olímpico Campión!!!

Sábado, Maio 19th, 2007

Os infantiles do Olímpico de Rutis ascenderon hoxe á liga galega. No partido que disputaron este sábado no seu propio campo contra o Villestro os rapaces do Olímpico empataron a dous. Parabéns campións!!!!

Todos co Olimpico

Venres, Maio 18th, 2007

O vindeiro sábado as 18:00h a categoría infantil do Olímpico de Rutis xoga un partido decisivo para ascender á liga Galega. O resultado do partido do pasado domingo en Villestro(Santiago) foi  2-1 a favor dos rapaces do Olímpico.

Agardamos celebrar o sábado o ascenso a liga Galega. Todos co Olímpico!!!

Raquel Jabares presenta as propostas do BNG en materia de Sustentabilidade

Mércores, Maio 16th, 2007
YouTube returned no videos for your query!

A Xunta Electoral declara irregular a propaganda do PSOE e ordena a sua retirada

Martes, Maio 15th, 2007

Hoxe a Xunta Electoral da Coruña resolveu a denuncia que presentou onte o BNG pola difusión que o PSOE de Culleredo estaba a facer de propaganda electoral na que figura a imaxe do Concello. A Xunta electoral resolveu que é completamente irregular utlizar a imaxe institucional do Concello de xeito partidista e que estas prácticas poden confundir á cidadanía.

Este mesmo organismo ordenou a retirada da publicidade electoral do PSOE na que figure a imaxe oficial do Concello de Culleredo e advertiu que de non executarse esta orde veríanse na obriga de abrir un novo expedente.

O PSOE utiliza partidariamente o Concello

Luns, Maio 14th, 2007

Non é a primeira vez que unha campaña electoral tínguese coa cor da malversación en Culleredo. Xa en anteriores comicios o PSOE enviou cartas en papel oficial do Concello e mesmo pagando o franqueo das mesmas para facer convocatorias a actos elctorais. O BNG ven denunciando estas prácticas irregulares e reiterandas ante a Xunta Electoral garantindo así o bo fin do diñeiro municipal e evitando un uso partidista da imaxe do Concello.

Estes días estamos a asistir abraiados ao reparto que o PSOE con Julio Sacristán á cabeza fai de propaganda onde figura a imaxe do PSOE o lema “Vota Julio” e debaixo a imaxe corporativa do Concello de Culleredo. Novamente o BNG denunciou esta práctica irregular ante a xunta electoral ademáis de solicitar formalmente no rexistro municipal unha copia do Convenio de Colaboración entre o Concello de Culleredo e o PSOE, pagado con diñeiro municipal.

A Candidata do BNG á Alcaldía de Culleredo presenta as medidas de goberno sobre Novas Tecnoloxías

Sábado, Maio 12th, 2007
YouTube returned no videos for your query!

Medidas de goberno para Educación en Culleredo

Venres, Maio 11th, 2007

Todos os comezos de curso Culleredo é noticia por faltas de prazas escolares, o ano pasado case 40 nenos e nenas de tres anos non obtiveron praza escolar en centros do Concello e tiveron que criar duas novas unidades de infantil en Tarrío . Os Institutos teñen un número excesivo de mozos e mozas e hai unha única escola infantil municipal. (mais…)

Iniciativas de goberno para muller, maiores e infancia

Xoves, Maio 10th, 2007

A Candidata á Alcaldía de Culleredo Raquel Jabares presenta hoxe públicamente as medidas de goberno para tres sectores importantes en Culleredo: muller, maiores e infancia.Raquel Jabares declarou: “é curioso que un Concello con unha poboación tan nova como Culleredo e con unha das taxas de natalidade máis altas do País, teña un índice de Dependencia tan elevado. Para o BNG o benestar é obxectivo preferente”. (mais…)

Raquel Jabares, o Dir. Xeral de Xuventude e Beatriz P. Mosquera presentan publicamente os eixes do programa de goberno do BNG de Culleredo

Martes, Maio 8th, 2007
YouTube returned no videos for your query!